DO TINNITUS
( Posdata-1990 )
Se Antón Antunes puxera a escribir a historia persoal dos seus acúfenos, sería como se escribira unha Historia clínica ou unha historia das clínicas polas voltas e máis voltas que deu para arranxa-lo seu problema.
Si, o que descubrira que eran os ruídos que oía ás veces, voces, isto é difícil de comprender é ó mesmo tempo é doado de entender, tiña unha sensación de sentir que alguén estaba a falar e non oír ben o que se está a dicir: ata hai pouco valíase dun cocemento de herbas, dunha tisana da planta que lle chaman nébeda, no Discórides non a nomean para os acúfenos, pero para Telo foi que moito mellor que o Elorgan ou o Varson , foi do primeiro que lle receitaran en Santiago ó principio dos mareos, chamáballe mareos, porque lle azorzallaban, mareábanlle a cabeza, eran un ruído barullento que non podía entender nin atender, algo que non sabería moi ben explicar, ían desaparecendo segundo se durma ou non, se durmía ou estaba distraído non aparecía ata espertar ou aburrirse, levaban claramente un ritmo vixilia-sono, sono- vixilia e algo que el cría demostrado cientificamente en si mesmo.
Recordaba que un agosto, polos oitenta e tantos, estivera de marabilla, hai xente que vive e bebe que podería dicilo, durmía de marabilla sen acúfenos, puxera unhas agullas de acupuntura na zona lateral externa do pescozo e na mao correspondente, na tabaqueira anatómica esquerda, para ser máis precisos, tivo que poñe-las agullas el mesmo porque o seu amigo o Dr Mazairas, O Cuco, non se atreveu ou non quixo, que tamén puido ser iso, pero el mesmo dixo que os puntos eran correctos para os ruídos dos oídos, pero non concordaba co diagnóstico do que tiña Telo. Deixoulle facer e aprendeulle a espeta-las agullas no punto exacto e ata lle regalou un par das de verdade, das de ouro, en honor ós vellos tempos.
Estivo a facer acupuntura durante aquel verán, día si e día non, tamén e certo que tomou o Meleril Retard por se acaso Notábase trabado de ideas; deulle moitas voltas o éxito de aquela terapia, porque nunca volveu a conseguir iguais resultados, tamén puido influír o calor ou ritmo térmico que afecta á membrana do tímpano tensándoa de máis e evitando que se reflicten os sons e os acúfenos : a membrana tensa ou abomba segundo vaia unha temperatura ou outra.
Pero todo isto non vén ó caso, non toda a xente se pode pór agullas nin crer nelas, sen embargo a nébeda está á mao de calquera que a coñeza ou queira coñecela e cocela: nace libre no monte e nas beiras dos camiños e cunha simple infusión marchan o raio dos acúfenos, iso é o que estivera experimentando. Se serve para saca-lo proído das ortigas na pel, que non deixa de ser unha sensación desagradable do sentido do tacto, non ten porque non librar das molestias do ruído indesexable do sentido da audición; o verme, sempre se recordaba que cando ó principio disto, despois do da ouigha na praza da Quinta, se tiña mala cara e contestaba de mal talante, os compañeiros de farra dicíanlle que debía ter ou que se lle arrimara o verme, ás veces ó ruído que trada o cranio , Telo chámaballe o verme.
Os psiquiatras quixérono convencer de que non hai referente nin emisor físico das voces, dos seus acúfenos, din que todos son producto da súa natureza psíquica, da súa cabeza que funciona mal, a eterna división cartesiana de alma e corpo ,descartada hai tempo polos científicos e polo pensamento racionalista e materialista moderno, aflora por un recanto da Ciencia do corpo por excelencia.
Non podía admitir que un ruído que fai ruído non sexa emitido por ningún emisor, que fora ou sexa producto da propia pantasía de pesadelos en vixilia, de malos soños e malos rollos esperto, e ter doces soños cando se durme, se o son fora música sempre, sería un agasallo fabuloso da mente, de mal rato pasaría a rareza da natureza, pero a el o único que lle producía eran barullo e algarabía.
Non estaba tolo, sentía o mundo dende unha perspectiva saudosa e desordenada, se o invadía o desacougo e non era quen de traballar, distraía á xente coas súas propias cousas, non é nihilismo filosófico, era unha morriña orballante ou debilidade provocada ola neglixencia preguizosa. O viaxar pode alonxa-la morriña ou asulagar os recordos, era un pouco unha fuxida dun mesmo a espera que as voces como recordos quedaran, e un tempo a distracción o abstraise da súa pesadume, era xa para a segunda vez que viaxaba ós Estados Unidos do Brasil en busca de atopar os recordos da infancia da súa bisavoa que emigrará no século XIX e casara, case que unha nena en Pará, era as raíces trasatlánticas do pasado pesado e remoto, era como intentar escudriñar nunha foto do album familiar os recordos imposibles dun tempo pretérito non vivido, os parecidos nun peuqeno que só se conoceu adulto: un exercicio gratificante pero imposible.
Foi ir a Río de Janeiro, a Brasil, ó mesmo hotel no mesmo barrio , pero os meses e anos e os séculos no pasan en van, tratou de contactar coa azafata daquela vez anterior, no seu narcisismo pensaba que debería lembrarse del e así facer unha ximnasia de nostalxia do tempo recente como moberse polo coñecido no mundo das viaxes cada vez máis sen orixinalidade . Dixeronlle con amabilidade e sorpresa que non traballaba naquela tempada, lle contestaron en recepción cando describíuna. Ó primeiro temeu ter metido a pata e ser malinterpretado, tranquilizouse uns días despois , deuse de conta que lle tomaran o pelo ou que azafata pola que preguntara confundírana con outra, viuna de pasada cun outro grupo de viaxeiros que chegaban ós cinco días de chegar el a Río. A viaxe era semellante na programación pero a destempo, a excursión ó norte coincidía a finais da primeira semana, con só dúas noites en Manaos.
En Río de Janeiro quería usar unha vía diferente para saír da súa situación, había a única maneira de poder sacarse do seu problema, no que a mediciña oficial en tódalas súas formas e técnicas non lle ofreceran resultados.
Documentárase sobre as posibles alternativas á medicina oficial, ás medicinas heterodoxas brasileiras nas que se mixturaba Africa con Europa en América, relixión con curación, santidade con sanidade, animismo con fisiopatoloxía, panteísmo con monoteísmo, pecado e enfermidade eran distintas situacións a cada lado do signo de igualdade da ecuación, había que despexa-las incógnitas para moverse entre os espiritismo africanista, os pentecostalistas ou o candomblé. Este era máis exclusivo, só para tribo de fieis que se reforzaban ao redor e polo propio campo de condominio.
Aínda que conseguira a recomendación dun dos ogâs para ser adoptado coma fillo polo pai ou mai santa do terreiro, esto non sería suficiente, nunca chegaría a sentirse arte e parte do todo. Oirá falar confusamente das clínicas ou capelas de Umbanda: Era posible en pouco tempo ó acceso a estase relixiosa mediante previo pago de ofrendas. Levaba as testadas dun centro que llas derar un emigrante de O Barco, que por anos vivira en Río e contáralle que xa el mesmo usara dos servicios da sacerdotisa. Coñecía a vella ubicación, pero descoñocía se seguían a celebrar rituais.
Colleu un taxi e deulle o enderezo ó taxista, Acedeu levalo, estaba situada nun suburbio, había casas de clase media e algunha que outra chousa.
O templo era un baixo dun edificio de pisos, na porta había cartel que poñía :
Por favor veña acompañado de paz, somos xente de paz>
O local estaba dividido cunha cortiña ou tendedeiro de farroupeiras a xeito de cortinón, que impedía mirar máis aló, a cada lado había cinco ringleiras de bancos: os de homes e os das mulleres, presididos por outros dous bancos enfrontados : para a xefa e para consultar, uns tambores nun recanto .
Polas paredes penduraba lendas :
"silencio e oración"
" o culto é gratis, podes axudar con cartos , en especias; xabón, lexía ..."
..."ou cos teus labores, limpando ...."
Fotos da A Mai cos seu fillos en ceremonial na praia, outra no medio da fraga da selva, unha foto de almanaque do arcanxo San Miguel, e unha louxa onde está escrita a data e hora da próxima cerimonia.
Había tamén anuncios que ofertaban consultas e desobsesións.
No recinto hai xente diversa; o taxista que o levou viñera algunha vez e quedara á espera dentro co Telo.
Falou coa secretaria para darlle o recado que traía do coñecido do Barco, esta bótalle un farol e dille que xa lle estaban esperando, previo pago danlle uns dos primeiros números:
Por uns altoparlantes todos vellos saen uns sons que podía ser música dun ritual, e inaudible que vai variando a xefa co seu tocado carmenmirandián. Detrás das farroupas veñen gruñidos e ruídos:nomease o seu número e acércase e senta diante dela, fala suavemente e pide que lle conte o porqué de tan longa viaxe, que se foi a máis curarandeiros, que médicos; a secretaria ou fai que ou toma notas do que di. Fai a excepción de apura-la consulta e resumila para a equipa encargada da desobsesión, pásanme para detrás do cortinón coa ficha que recolle da segredaria: tralas cortinas hai tres persoas unha está como en trance cos ollos arregalados en branco, outra, que chaman a adoctrinadora, é a encargada de saber cales son os exus, os espíritos pertubadores responsables do caso, quen llos mandou, como e porque, tratará de limpalo.
Mándao manter ergueito cos pés xuntos e os brazos cruzados mirando cara ó altar. A medíum, a dos ollos, xirou tras del e ponlle as maos nos ombreiros a un tempo que entra en trance, a adoctrinadora interroga a que fai de medium:
-Ven aquí, ven falar comigo, quen es?.
-Non vou falar contigo tramposa.
-Si , vas falar
-Non teño porque facerche caso.
-Si, meu rei,si vas facerme caso e falar comigo
- Vós queredes atraparme, prenderme e encerrarme . Eu non vos quero. Marcho. Sae unha voz da gorxa de Telo.
-Non tal, só quero saber como te chamas, non quero facerche ningún dano. Cal o teu nome?
A medíum bota unha gargallada profunda, ri con finximento.
-Sen mansiño, se boeniño , anda. Como te chamas?.
- Son amiga da luz, son unha pomba fuxida de lugar santo ó camposanto. Non sabes quen son?
-Es unha madre ou unha filla de Deus?
- Nin fun mai, e deixei de ser filla cando fuxín do santo lugar.
- Non serás Pomba Gira?
Volve rir con xeito de afirmar.
- Es enviada por alguén ou viñeches por ti?
-Viñen porque quixen , pero son obediente e ben mandada.
- Estás soa ou estás con máis?
Cambia a voz da medium a un tempo que lle treme todo o corpo e abanéao polos ombreiros.
- Está comigo, outro tono distinto de voz sae da boca de Antón.
- Ti quen es ?
- Non cho vou dicir, mala puta das mentiras.
- Tesmo que dicir, polas boas ou polas malas , se estás aí tes que falar comigo.
- Polas malas non me dominou ninguén nunca.
- Perdoa, trabuqueime, quería dicir que tes que falar, polo teu ben.
- Queredes atraparme e collerme, meterme no lume outra vez.
-Non, nos non facemos dano. Como te chamas?
-Son un animal roubado ó cimeterio, un morto arrancado do descanso eterno, sabes ou non que son?
- Es un donxán, un convidado de pedra.
-Nin fun convidado a aquela festa, nin fun un calaveira, vas polo lado equivocado.
- Cal exú es ? O Molú ?
-Es boa adiviña pero nin che digo que se nin que non.
-Quen te mandou? Mandoute alguén para aquí? Só quero saber se viñeche por ti ou es un enviado.
- Viñen por culpa dun fillo de puta que me prendeu lume no meu descanso que debía ser eterno.
-Pero, que ten que ver este home contigo?
- Chamoume a pomba que o coñecía.
- Pero o exú da pomba gira non veu a un tempo contigo?
- A pomba é unha pomba dun pombeiro moi vello, non unha pomba gira. Non lle chames pomba gira.
- Que che deron para vir?
- Déronme lume en min e rencor, déronme morte cando xa morrera.
-Se che deron lume, queres queimar a este home. No nome de Deus Todopoderoso vas deixar que o aliviemos. El non foi quen che fixo as maldades. Non? Que queres del?
- Que me vai dar? que vou recibir por deixalo?
- Moitos responsos dos caros, dos responsos de Kirie aló , e de nós moitas oracións.
- Para que me serven os rezos, quero paz, quero lavarme.
- Imos limpar , imos retirarnos. Imos facer caridade, vas facer caridade.
Desta vez o exu obedece e a medium , saca as maos dos ombreiros de Telo e pasa diante del tremendo e escoándose ata o chao derrumada. A doctrinadora reza e pide axuda a unha exu exterior , distinta das presente.
Continúa a sesión na que son convocados os espíritos para acercarse e baixar ó templo, a segredaria toma notas aparte e dalle un papel onde vai escrita o nome dunha das grandes avenidas de Río, en realidade e un vale para unha copa gratis nunha boîte, previo pago de entrada. Depositou outro billete de vinte dolares nunha especie de ucha e retirouse de costas mirando cara ó altar ata que dei con cortinón, instintivamente quere facer unha xenuflexión que reprimede sócato no último momento.
O que apenas cambiara de Río eran as praias e as cheas de xente anónima a moverse dun lado para outro. Meteu a man no bolsiño e sacou o papel que lle dera a segredaria do Centro de Umbanda ,a propaganda da boîte. Foi a aquela rúa ata a discoteca da copa, a piques de entrar deuse de conta que estaba a carón dun Pub , un déjà vu , do pub ó lado da praia onde estivera a falar en soños co aquel camareiro que levaba nel unha chea de anos, mal sería que non esperase pola súa visita na súa fantasía da morriña recente: non estaba.
Había outro cun acento brasileiro máis pechado e menos dado e doado a falar, fixo un amago de presentación, algo estúpida, díxolle que estivera hai un tempo durante a súa primeira e que falara co seu anterior compañeiro longo tempo etc., encolleu os ombreiros, e contestoulle que el descoñecía se alguén antes ocupara o seu lugar, enteirarase que choio estaba libre, presentouse e collerenno, e máis nada; naquel momento tivo a sensación de estar a vivir unha situación nunca vivida, un jamais-vu, e foi cando entrou un tipo, unha cara europea que lle pareceu coñecida: saiulle da alma :
- Quen é ? O dono?, non acabara de cuspi-la pregunta cando xa arrepenteu de facela, tiña unha suor fría a escorrer pola espiña e as maos enchíanselle de auga, que agoiro.
-Si, como ó sabe, o siñor.
Como o sei así foi coma de repente soubo todo, viuse a resposta iluminada coma a de Saulo no camiño de Damasco, cabrón, Precedo, cabrón era isto, Luisiño , sempre desconfiei que as reliquias eran vintecatro, e ti que vintetrés.
-Xa o ves, é a mitra, dixo Luis Lens, o ausente desertor, sorrindo. Toma algo que invita a casa.
(A SEGUIR... noutra nivola)
ACOTACIÓN:
(...) Hoxe 8 de setembro está de festa este pobiño de artesáns e mariñeiros, sempre cheirento a mariscos e a piche: come a xente manxares de acrne e mainzo e fréxoles
e iuca, platos cubanos, platos africanos, ecó,olelé, ecrú, quimbombó, fufú, mentras rios de ron e terremotos de tambores dan a benvida a Virxe negra, a negrita, patrona protectora da bahía de La Habana.
A mar cubrese de cascas de coco e ramas de alfabaca e un aire de voces canta mentras a noite cae:
Opa ule, opa ule
opa é, opa é,
opa, opa, Yemayá
A Virxe negra de Regla é tamén a africana Yemayá, prateada deusa dos mares, mai dos peixes e mai e amante de Shangó, o deus guerreiro mulleirego e liante.
Memorias del fuego 1.Los nacimientos.
Eduardo Galeano.
Umbanda:
http://www.umbandareligion.com.ar/index2.htm
http://club.telepolis.com/obalufon/quees.htm