Tiña un medo tremendo e informe ó descoñecido. Un claro medo ás clases na Universidade das que lle fixeran truculentos e crueis retratos das esixencias de nivel. Medo de pasar fame de estraña-la comida
- Come, come a fartar , sabe Deus o que che darán de comer, repetíralle a súa nai ata a saciedade, valla a redundancia-.
Medo de non afacerse. Medo a anomia. Medo da soidade. Sentíase coma unha planta de interior terna e coidada con mimo de maceta, se lle quitan o titor que a guía e sostén e déixana sen apenas previo aviso, da noite para á mañá, á venti imperia.
Así de desvalidos, cada quen á súa maneira sentense os adolescentes, tódolos adolescentes máis cedo ou máis tarde, cando se percatan de que están sós: S.O.S.. Todos estamos sós contra deste mundo hostil.

Ó día siguiente recordouno coma unha mañá fresca e outonal, con esa néboa marmañante que invita a camiñar a modiño para espanta-lo frío e promete un sol picañento pola mediodía, tiña que levar a cabo as primeiras burocratadas . Os trámites sempre incompletos e defectivos que se inician e se volven reniciar por culpa de oficinistas displicentes. Ó redor do tedio das colas nos ventanucos dos mostradores ou mirando as tabóas de anuncios fórmanse pequenos grupos entre a xente que coa que se ten empatia e se comparte a espera.

Nesta soidade calquer persoa ou animal busca o calor do coñecido. As veces no refuxio arrebatado da literatura, na pantasía ás oscuras da pantalla de cine ou probar, coma sempre probar e atreverse, co medo forme en pequenas doses.