Publicidad:
La Coctelera

basicorodriguez

26 Junio 2006

O CULTO OCULTO ( Nivola compostelana por entregas)

Non viches Maruxa
nas noites do inverno
andar a estantiga
polos matorreiros,
a estantiga digo,
que chamana os vellos
hostea ou compaña
que a todos fai medo
cando desde a igrexa
con muito concerto
facen os finados
un modo de enterro,
con muitas candeas
con muito silencio,
só que a compaíña
soa rouco e quedo
e que catro levan
un escano aberto
en el, xa finado
ó que está enfermo?

As coplas galegas do Padre Sarmiento

Dun xeito de turismo cultural Antón Antunes participou nunha asamblea de facultade crendo que o que se dicía non era parte dun ritual litúrxico. Varias veces tentou expór a súa opinión pero foi eludido como se ninguén lle dese vela naquel enterro . Á saída estáballe a esperar un rapazote que en todo momento protestaba solidarizándose con el, e facendo ruído de desprobación cara a persoa que naquela cerimonia estaba a dar a palabra:
- Chámanme Antón Tovar. Tal era o nome de poeta falanxista que escollera. Ola, tío, ben, se queres chámame así, para min ben vale. E-la hostia, están máis preocupados polo ritualismo das formas e a protocolización da protesta que polo contido. Non che deixaron falar por que non es coñecido. Non falan para o estraño. Falan para eles mesmos e son eles mesmo quen inclúen ou exclúen ós chamados , ós escollidos á loita da súa liberdade, da Liberdade.
Antón mirou para el desconfiado, en principio, pero notando calor na seguridade que transmitían a súas verbas, percibíase polo aspecto, no vestir e á cara, que non era novicio nestas xeiras.
- A verdade, que non sei que dicir.
- Nótase que es un pardillo. Debe ser a primeira vez que te metes nestas liortas.

A Antón custáballe entregar información, é o mal do novato. Non quere que se lle note o cheiro a bravú. Por outro lado non deixaba de pensar, que tamén puidese ser unha trampa, unha especie de exame que revalidar, ou invalidar para sucesivas asembleas.) E se OTovar fose un comisario político do clandestino?, que marcase o aprobado ou o suspenso dos neófitos. Tiña medo que o expulsase da loita a penas ingresado, a penas sen ter participado, a penas sen estar baptizado no lume de batalla.
- Chámame Precedo, se queres, non te mosquees . Aquí nesto andan sempre a voltas coas normas e formalidades da clandestinidade. Máis que a discutir no verdadeiramente importante é polemizar sobre métodos e argumentos para entender este mundo de merda.
- Eu chámome como non te chamas ti: Antón, pero dinme O Portugués, non me desagrada estou acostumado a leva-lo como alcume desde sempre. Gústame ler moito e cuspir de cando en vez o que teño lido. Adoro ao H. de pe de Lovecraft, e estou a ler Sobre Héroes e Tumbas , de Sábato, o Informe sobre cegos é realmente dun abraiante chulthiano, ) coñécelo?.
-Carallo, tío, alguén que fala de cousas distintas que a dictadura do proletariado e Lenín. Tío, de puta madre, imos tomar unhas cervexas, e deixámonos de caralladas da clandestinidade e a loita.

Así foi como iniciou a amistade con Precedo que foi introducido no grupo xeográfico acompañado sempre do Antón como se da súa sombra se tratase. Unha noiteira quedaron todos cunhas novas amistades femeninas que fixeran unha tarde no Porrón
(a...seguir)

Notas:

Antón Tovar:
http://www.filosofia.org/hem/194/alf/ez0303.htm

http://www.nueva-acropolis.es/barcelona/biografia.asp?bio=32

HP.Lovecraft e Chulthu:

http://es.wikipedia.org/wiki/Howard_Phillips_Lovecraft

Ernesto Sábato:

http://www.literatura.org/Sabato/Sabato.html

A Praza da quintana:

http://galicia360.fiestras.com/servlet/ContentServer?pagename=OpenMarket/Xcelerate/Render&c=Articulo&cid=995611635887&pubid=983562722078

servido por basicorodriguez sin comentarios compártelo

sin comentarios · Escribe aquí tu comentario

Escribe tu comentario


Sobre mí

Fotos

basicorodriguez todavía no ha subido ninguna foto.

¡Anímale a hacerlo!

Buscar

suscríbete

Selecciona el agregador que utilices para suscribirte a este blog (también puedes obtener la URL de los feeds):

¿Qué es esto?

Crea tu blog gratis en La Coctelera