Publicidad:
La Coctelera

basicorodriguez

28 Junio 2006

O CULTO OCULTO (Nivola Compostela por entregas)

Vicki ousa corta-la situación, conta unha especie de anécdota que ten gardada nun recanto do seu corazón, agachada con timidez das argalladas alleas, aquela a situación típica que lle provocaba un terrible temor e aínda no máis profundo do seu ánimo sentía medo:

A Por unha época da miña vida, da miña corta vida, pois foi ata hai dous anos, adoitaba ir pasear pola praia, unha praia inmensa e longa, que está as aforas da miña vila, ten casi cinco quilometros de lonxitude en forma de fouce invertida. Non acolle ó mar polo cóncavo da rada, senón que coa desembocadura do río forma unha ría cativa cun brazo de aréa terra adentro. Esto dálle á praia forma de cóbado cara ó mar de fóra.
Paseaba e paseaba nas tardes sereas durante unha ou dúas horas, sempre había alguén coñecido camiñando á contramao ou non mesmo senso , sempre a certa distancia: parte do costume era o deambular de varios sen concerto nin acordo, bourar solitariamente.
Un desapacible día de marzo paseaba , ía soa polo areal, non había ninguén coñecido á vista, nen siquera o chiar das gaivotas chamaba especialmente a atención, formaban parte da paisaxe sonora xunto co romper das ondas. Ensemesmada camiñaba quieta para os meus adentros, cando ó da-la curva da metida da praia no río, en terra aparecéuseme un home, case que no mesmo senso de miña andaina, nado de sócato das dunas ou da aréa, prendeu a dirixirme a palabra con descaro, sin manter a distancia tácita que os da vila adoitabamos manter nos paseos da soedade. O aire roubaba o són da súa voz; tiven medo, tiven noxo, tiven pánico a medida que deixaba transcurri-lo tempo e coa voz cada vez máis cerca e pausada. Trataba, a uns metros cada vez máis escasos , de entablar unha conversa, aparentemente simple:
- Boas tardes.
- Boas tardes, contestei automaticamente, aínda que persistía coa mirada baixa cara os pés rompendo globas de aréas que fai algún animal que descoñezo; tentaba non mirarlle ós ollos para que da miña afable expresión de timidez non puidese extraer un aceno de achegamento ou amistade que lle poidera dar pé a nada.

Trataba amablemente de prende-la conversa á que respondía con adusta frialdade aos seus máis simples requirimentos conversacionais: o pánico ía medrando dentro de min ante o temor, ata aqueles infundados e atávicos momentos, dun intento de acoso sexual. A persoa proseguía amablemente a falar e tratando de aproximarse , supoño , para que o diálogo fora máis doado, sen esvaimentos polo vento e a procura dunha resposta amable e cariñosa que non lle estaba disposta a dar. Sen embargo, as poucas guichadas que se me escapaban, non refrexaban na súa faciana un mínimo xesto de sentirse ofendido polo meu desprecio con verbas secas e cortantes.
Nun momento pensei ver nel un intento de adentrarse no virtual círculo de mínima distancia que tiña imposto como de seguridade, a partir de aí xa o consideréi invasión da miña máis intimidada intimidade:
- Ah, ah, ah.... Berrei tan alto que ata as gaviotas e os mazaricos que traballaban a lama da maré baixa espombáronse, chiando axoutadas polo meu grito.
Só lle poiden oír:
-Pero, mamá, non teñas medo, só quería falar contigo...
A figura despareceu desleída entre o resol no mediodía, no sul, desfacíase e escóabase no aire como ocurre as veces nalghunas películas de ciencia-ficción.
- Moi ben, moi ben , dixo O Cuco , a Invención de Morel de A.B.C.
- Recorda un pouco o mundo do onírico e do subsconsciente de Phil K. Dick, con un toque de medo case que cósmico, dixo Telo, máis que a Bioy Casares.
- Parade, parade xa, por un momento pensei por pudor, é sobre por temor a esto facedes agora, non contalo. Nen leo o ABC nin a Voz, ise tal Dick, non teño puñeteira idea de quen poida ser. O que digo que o que me pasou foi moi real, non foi producido pola isolación, dixo Vicki.
- Bueno en algo dis verdade, unha isolación en marzal, en Galicia é máis que imposible, dixo O Cuco.

- Pero calade e escoitade, a min xa mo contou máis dunha vez e pensamos e repensamos e repasamos sobre a situación especial que se representa, dixo Mariaxo. Non pensedes que só sodes vosoutros os únicos que tedes capacidade de analiza-los feitos alen do maruxeo.
-Está ben, deixade explicar dunha vez o feito, é interesante, terciou Precedo, )que pasou dispois?.
- Primeiro de nada a praia por donde paseo ten unha aréa obscura, de restos de louxa, se colledes unha presa e botádela sobre unha folla de papel cun imán móvense como serraduras de ferro : era un experimento que nos facía face-lo profesor de Física: dicía que había restos de magnetita e outros metais nela.
-E,) ben?.
- Pois, Mariaxo e máis eu, pensamos na posibilidade, que fora polo que fora, formouse un holograma, unha imaxe que paseou arrastada pola estela dos meus pasos ou pola brisa mariña ó meu carón. De feito o holograma parouse no momento que eu pareime, e asusteime: cando andábamos xuntos sabía que falaba e non entendía o que me dicía, como cando se oe unha radio noutra sala.
- E plausible e aplaudible, dixo Telo, ten a coherencia e inexplicación dos feitos vívidos e vividos, dos que o protagonista non pode abarca-la totalidade do que ocorre no momento; e tan só dispois da fixación dos feitos a través do relato, da narración é cando pódense marcar e enmarcar na memoria e darlles voltas e voltas ata atopa-las claves. A realidade esixe unha abstracción para poder formar un discurso sobre dela .
-Carallo, Telo, debiches almorzar un platón de sopa e unha ensalada a la espinoza con arroz á banda dos escolásticos.
-Estou de acordo, o falar fíxonos pensar que quería dici-lo sucedido. Chamándome mamá, co que me estaba a confundir, porque en realidade fóra do meu propio histerismo, naquel home novo non hubo un mínimo aceno de sobrepasarse comigo.
- Pode ser unha visita do futuro, os visitantes do futuro son hologramas os do pasado son sempre pantasmas, dixo O Bembas, ata daquelas calado e afriaxado.

-Non pensamos neso, cremos máis nunha broma do presente, alguén que cunha cámara puido proxectar eso sobre a aréa. Existen en Xapón e nos EE.UU os proxectores de hologramas, e como hai tantos galegos a navegar por esos mares de Deus.
- Sen embargo, se é así, é unha broma de moi mal gosto, por no chamarlle doutro xeito.
- Eu penso, que o fillo que vas ter, vente visitar dende o futuro para falar contigo, a saber se morres durante o seu parto, dixo O Precedo con diplomática misoxinia.
- Vaite a merda, morre tí de parto, cabrón.
- Se é certo a hipótese de Precedo, será mellor que te esterilices para non ter fillos.
- Ide para a remerda, xa estaba abondo desacougada co que me pasou no pasado, para ter que agoniarme co meu propio futuro.

- Será mellor analiza-lo asunto outro día, a cousa é terrible e de medo , como

último recurso sempre che quedará escoller ben o sexo dos teus fillos...(a seguir)

Terror cósmico ou fantástico:
http://www.bibliotecasvirtuales.com/biblioteca/Narrativa/Lovecraft/index.asp
http://elkraken-esp.blogia.com/temas/terror-fantastico.php
H
.P.Lovecraft:
http://www.hplovecraft.com/

bibliografía de H.P.Lovecraft:
http://www.geocities.com/SoHo/Cafe/1131/04narres.html
Dictadura del proletariado:
http://www.filosofia.org/enc/ros/dic.htm

A.B.C.: Adolfo Bioy Casares:
http://www.literatura.org/Bioy/Bioy_Casares.html

Phil K. Dick:
http://www.philipkdick.com/

servido por basicorodriguez sin comentarios compártelo

sin comentarios · Escribe aquí tu comentario

Escribe tu comentario


Sobre mí

Fotos

basicorodriguez todavía no ha subido ninguna foto.

¡Anímale a hacerlo!

Buscar

suscríbete

Selecciona el agregador que utilices para suscribirte a este blog (también puedes obtener la URL de los feeds):

¿Qué es esto?

Crea tu blog gratis en La Coctelera