Vicki e Mariaxo rinse de todos pola película que están a montar dinlles:
- Pantasmas, todo era un conto inventado para ocasións similares. Seguen a deixar sen sádicos argumentos ós fantasiosos rapaces. Todos rinse con elas e pouco a pouco o cansacio campea pola Praza da Quintana , van apurando outra vez a conversa a lugares comúns ata esgota-los temas tópicos:
- Deso ben podemos seguir a falar mañá ; xa é tarde e mañá hai que erguerse cedo.
- Hai que erguerse cedo? Quen teña que erguer cedo, que levante o dedo ?
Ninguén levanta o dedo nin replica a O Bembas, non se quere polemizar.
-Por favor xa que estades todos a contar unha historia rara, acabo de recordarme dun extraño conto que acostumaba conta-lo meu pai algunha que outra vez cando lle daba por darlle o palique e decir casos sucedidos na súa familia, xa rara abondo de por si, falaba e contaba il o siguiente:
A mai da miña bisavoa quedou muda dende o día que morreu o seu home, quedarase sen fala, a penas volveu dicir palabra que lle restou de vida. Só unha vez falou, se se pode dicir así,foi unha vez que estivo enferma rigurosa con quentura no leito por causa dun costado, desvariou dun xeito estraño sobre os acontecimentos que sucedaran nas datas en que o seu home quitarase do medio, porque o seu home suicidarase por finais do sanxoan daquel ano cando inverno comeza en Sul-América, era un verao en que os paxaros piaban balbordados pola calor e ninguén puido cata-las cereixas dos cereixois por causa de nubes de pardais que acometían as arbores ata deixalas marondas, era polas sesta cando veu ó seu home pelexar co seu marido.
- Tes que aclara eso, dixo Mariaxo, é un contrasentido.
-Non interrompas, só repito ó dedillo o que contaba o meu vello, sen pór ni quitar unha coma:@ pelexaban a morte entre si dous homes, asañando, con carraxe, non era unha liorta na que que os berros e xuramentos son máis fortes que as piñas e os sopapos, un tremaba o coitelo de matón, o coitelo con que se lle espetan polo pescozo ós recos na casa:
-Eicheo meter ata nacida, cabrón, as de morrer ben morto coma xa debías estar.
-Non podo morrer chegaches tarde, a túa vida é agora a miña vida: se eu morro ti tamén tes que morrer, iso foi o trato.
-Cala mentiran, larpeiro, ladrón de corpos e de ánimas e de animos.
-He. He. He! Non falabas asi cando asinaba-lo trato. Son as ditas que non as queres repectar. Ben se che dixo que non era un xogo, que non había trasacordo.
- Ben o sei, non era nin é un xogo, por iso vou racha-la baralla: morto o can acabouse a rabia.
-Non é tan sinxelo, non é tan doado: non quiseches, agoiro, escoitar o que falou en voz baixa o maestro; il ben che dixo que agardaras e o escoitaras a modo: o que se dicía de viva voz e o que se tiña que falar en baixo cara o colo: tódalas sentencias tiñan a súa sentencia e a súa penitencia. Están vinculado ó trato. Queiras ou non queiras. O trato non ten retracto.
-Cala, que semellas un picapleitos de causas perdidas, malandro, incubo, demo rabón e sen cornos, cousa ningunha.
-Ti es quen non ten vela neste enterro. Fósteste para volver e chegaches tarde. Por avaricioso. Eu sempre souben o que pasaba por tí aínda que ti non soubeses oque pasaba na miña vida.Por gañar catro pesos máis non puideches cumpli-la cita, a cita máis importante da túa vida. Foches ti quen abandonou a esta xentiña da mao de Deuse , agora ves e queres recolle-lo froito que non sementaches. Ti es a maldade, e non, eu, eu cumplin sempre co tratado. E agora ti es eu e eu son ti...
-Non me enrolles malpocado, cirillote de barro mal feito, cuspe sapo: voute matar.
A mai da miña bisaboa mirou como lle espetou o coitelo no pescozo, debaixo do queixo, na mesma nacida veu como o sangue cirichaba á camisa do matachín a un tempo que escoitaba unha gargallada de profundis, roufeña e cortada saíndo do home deitado de costas que tremía e dáballe o nervio. Ata daquelas estaba tan abraiada que non mirara para cara dos loitadores, as roupas eranlle coñecidas, pegou un berro e de socato enmudeceu, veu a cara do matón cando se virou para ela e veu que era a faciana do seu home, e mirou para o que xacía baixo o peso dos xionllos entrandolle xa o gargaxo da agonía e veu que tamén era o seu home.Berrou de novo.Berrou. Prendeu as faldras coa mao tapando o seu rostro e chorou en alto, soloucou a un tempo que repetía:
-Ave María Purísima, válleme. Corpo de Cristo ampárame. Ave María Purísima, axúdame. Ai dos meus fillos!, ai dos meus fillos!. No nome do Pai, do Fillo e do Espirito Santo. Deus, Deus, Virxe do Galir,Virxe da Aguiana dame as forzas par ver ben o que acabo de ver. Dime, Señor, dime, Señor meu Xesuscristo, que todo isto é mentira, que é un soño, un mal soño de un mal espertar...Xesús, Xesús, María, María e Xosé, Xosé... O pai dos meus fillos, morto. O pai dos meus fillos, un asasino..
Así dixo que estivera a falar, a pregar e a chorando máis dunha hora ó redor do patio. Non acudiu veciño algún ós seus gritos , era hora da sesta e todos estaban a dormir pola calor e o madrugón. Acercouse con determinación e recolleu o coitelo, mirou para il e dixolle:
-Quen es ti? Quén é il? Quen sodes vosoutros?. Os dous levades roupas que eu mesma teño lavado e repasado e zurcido coas miñas maos e os meus suores. Os dous sodes iguais. Casi iguais. Non sei ben. Ti, matón, estás máis limpo e con menos enrugas na face, sen afeitar. Il, co sol do campo, na cara as mesmas enrugas que tí, máis luxo por estar estarricado no chan, morto co sangue e a terra.Quen é el, matado?. Qué broma é esta? Estive a vivir con dous homes todo este tempo sen sabelo? . Dous homes que rebentáronse os bofes polos ciumes?
- María, eu son eu.
-Si, Antonio, ti es tí, é il era il. Con estas explicacións chegamos a ningures.
-María, son eu, o teu Antonio, o verdadeiro.
-Si , Antonio, Antoniño, o de Paredes, e o outro é o Antonio do Lérez. Sempre chameivos Antonio todo este tempo que estiven casada. Casada con dous homes a un tempo, Deus me valla, estou en pecado mortal de necesidade, non sei se terei xa o perdón de Deus, aínda que fora ignorante de todo isto. Deus meu, meu Deus.
-María non xogues co meu corazón así, acabo de librarte dun demo, ceibarte dun trasgo, deslearte dun zarampallo que quería roubarme o que me correspondía, quería roubarme a tí, os nosos tres filliños, a facenda: traio o peto cheo de cartos, cumplin a miña promesa. Somos ricos, e este malandro non quería devolverme o que era meu.
- Desvarías Antonio, o doce cheiro do sangue alleo non che deixa razoar.Qué es rico?Que volves rico?. De onde?. Se ti de aquí nunca saíches. Mal poderían te rouba-los tres pequenos, se non levaba tamén os outros tres. Quen, diaño, es ti?.Quen é il?. Quen sodes?.Un par de dous, uns xemelgos a xogar coa pobre María?. María , namorada e tola.
-María botame unha mao, axúdame e contareite todo, todo. Teño tanto e tanto que falar contigo. Esperei os casi dezanove anos axustados, para ser exactos no acordado foi dezaoito anos e o que dura unha criatura no ventre dunha muller. Agardei. Cheguei. E isto ocupaba o meu lugar.
-Desvarías, Antonio, desvarías que é eso dos vinte anos?. Axudarte, hei de axudarte polas conta que me ten. E dende logo tes que explicarme todo, parte por parte:como chegachedes a ese tal trato, para logo matarvos entre vos. Agarda un intre, agora que o dis, eu notei naquel tempo , o teu regreso do monte, un cambio nas cousas do leito, pero hai moito tempo, moito tempo. Pero acreditei que andarías picando noutros neallos.
Soterraron o corpo sen vida na aira, pronto, antes que tiveran que pórlle a mortaxa e a rixidez fixera dificil acomodalo no burato da terra. María cando mirou para o xeito con que Antonio dáballe ó pico e á eixada colleu ela mesma as ferramentas, a un tempo que amolecendo ía perdendo o seu descrer. Ó serán o traballo estaba rematado e na cociña mentras a María arranxaba algo para cear, comezou o Antonio a súa propia historia:
-A Veño de pasa-la mar-oceana, da Arxentina donde tiven unha pulpería no medio da Pampa, na provincia de Río Cuarto, non quixen quedar en Bós Aires por mor de facer máis diñeiro e aforrar máis axiña , sobre todo se non tes donde despilfarrar; pasaba días e noites durmindo a saltos de pouco máis de media hora , topeneando co calor do lume e esperando non morrer a mans dun gaucho bébedo ou cabriado; tiña unhas rexas que me gardaban do público e da vida. Non fun quen de dicirte que me ía,lembraste aquel maio, que canso da pobreza e da fame fun traballar as Méduas, cando se correra que podería haber ouro coma en California, levei a peneira que vendeume a A Catuxa, a siloura vella de Valencia, non te lembras que fixerasme a carabela e saíras despedirme no portelo, chorabas co Luisiño no teu colo o pano de mao na túa face, eu nunca voltei verte doutro xeito.
- Mentirán, volveste canso e desfarrapado en pouco máis de tres semanas polo día de San Pedro. Sen nada no bolso, e puxeste, sen falar nen contar nada dos soños de ouro, a traballar nos campos, para a xente de fóra, e xa logo saíches coa cuadrilla e a gadaña para Palencia , nas Castelas, á seitura.
- Non María, non era eu. Eu nunca volvinte ver ata hoxe. Agarda que che vaia contando os pormenores. Nas Méduas non era o que se dicía,había miseria a repartir,non había nin onde ir buscar para mercar e comer, pobre xentiña: o do ouro era mintira!. Unha cantas covas que xa baleiraran no tempo dos romanos. A veta vetada do Sil. Todo un conto. Inda por riba unha tormenta un día case que nos afoga; funme refuxiar nunha das covas, nun dos tuneis,porque son covas feitas polo home, e andei para adiante cuns gacios prendidos e andei ata que cheguei a unha especie de galería, unha sala máis grande que esta cociña onde estamos agora, había luz nela, unha cachada no medio e medio tinguía de solómbria os muros abondo vermellos pola color do barro. Cando entrei non vin a ninguén pero a medida que fun adaptando a vista vin a un vello pencio cunha barba longa de anos, branca e amarela polos rastos das comidas. Asusteime.Calei e quixe recuar, pero o vello, acenou e dixo cunha voz profunda e quebrada:
- Pasa, Antonio, pasa e quéntate. Non comín a ninguén nunca, que eu saiba.
- Coma sabe o meu nome?. Quén é vostede?
-Todo o que eu sei non ten importancia, desde estas paredes e tuneis escoitase todo o que se fala fóra. Diches co tesouro, co tesouro dos mouros, pero non é un tesouro de ouro como pretendedes todos os de ai fóra. O tesouro é mouro, é oscuro, é un pacto, non é algo material, é un camiño nin de felicidades nin facilidades. Son o Mouro Xuan, o mouro máis mouro e vello desta terra que se chama agora Galiza, como a chamades , pero estou nela desde o tempo en que estaba innominada.
-Eu metín aqui porque chovía, non pretendía molestalo, malia leve, Sr. Mouro Xuan, son un home honrado e traballador, son un home de paz.
-Todos sodes homes de paz mentras non vos entra a cobiza, mentras non entre en vos o verme da ambición de ter e de poder; honrados o tempo que volo permite a ocasión, o descuido do compañeiro cunhas pepitas de ouro ou unha bolsa con máis de trinta moedas; traballador si, traballador mentras non vos dean mando sobre outro semellante ou un animal para saber quen é en realiade o traballador. Todolos os que aqui vides a estas barreiras, tedes a cobiza, a quentura do ouro, buscades e procurades un atallo para chegar antes a ningures. Eu son o que ten a chave do atallo, do desexo doado. Eu son o desexo. Eu son o son e o tempo, o trono e o lostrego, a auga e a nube, eu son...
- Eu viñen aqui para sacar adiante a miña familia, so quería unha axudiña par ir tirando.
-Todos tiran para adiante, arrastas ou esvarando, todos piden para eles e nome dos outros, ninguen recoñece a súa propia ambición lanzal, de percibir con orgullo a gabanza da proeza, todos atallades para ser distintos, pero aforrades camiño e sufrimentos na cobardía da valentía. O heroe é un cobarde con máis temor, é un temerario que arrisca o pel propio por medo a sofrir a despacio o debalar do tempo nas tarefas de cotío. O voso mundo está ó reves, premia o extraordinario en vez de louvar o ordinario da vida, o sinxelo que é donde se sostén. A tarefa do heroe é un alibi para aliviarse.Queres ser rico?: Serás, Queres triunfar?: Triunfarás. Estas disposto a sacrificar o máis precioso?.
-Eu só quero o que quero, quero axudar...
-Estas disposto ou indisposto?
-Algo indisposto estou, polo susto de atoparme aqui, pero para o outro si estou disposto.
-O outro, o outro, desprecias con ignorancia e osadía o lance que che envío.Si non sabes as miñas condicions como te atreves a disporte? .Badoco e pailan mortal! .)Se nin sabes o queres?. Ignorante e estulto, atrevido...
-Vostede perdoe, pero estou necesitado, e sen abusar da confianza que non me deu, semella vostede boa xente.
-Nos sexas prosmeiro , se queres ser rico aquí non atoparás nada. A riqueza está alem dos mares, neso que chamades agora America. Escoita, dareiche o poder do demiurgo e facer unha copia de ti mesmo, para estar e non estar, para ser e non ser, para facer e desfacer: collerás un cirillote deste barro e moldearás un boneco diante dun espello, será ti o tempo que esteas foras, pero ti non serás el: o prazo da túa ausencia e doado de recordar dezaoito anos e o que dura unha preñez atendendo ós cambios da lúa, días arriba ou días abaixo. Se non cumples o plazo non poderás achegarte a túa familia, se o cumples encontrás un tesouro froito do traballo e o aforro que fagas nese tempo. Se non aforras, se non traballas atoparás a túa familia coma a deixaches ou como estaría se ti estiveses con ela. Se incumples o trato...
Falou para si en baixa voz , coas présas non o atendín, quería sair dalí, tiña mezcla de medo e alegria, collin o barro, aproveitei cando estabas fóra na aira para entrar na casa fixen o boneco a imaxe do espello, a miña imaxe, non te diches conta cando o enterramos que este bazo que teño no queixo dereito estaba no queixo esquerdo dil. Era a miña forma mirada nun espello.Pero non sei o que vai pasar a partires de agora, non puiden escoitar o que bisbeseaba o vello, teño unha aprensión grande María.
- Como non has de ter, se mataches a un home.
- Digoche que non era un home, era un boneco que o fixen de barro rubio das Méduas diante do espello , da lúa do roupeiro do noso dormitorio.
-Home era, por voltas que lle deas, os fillos que tiven, del son, de carne e oso.
-Esa é outra, seguro que terán algunha tara, algún problema, non ves que son fillos dun ente.
-Qué dís de ente? . Son fillos da semente que me botou quen quera que fora, por marcharte a América, como dís.
-Non sei teño aprensión...
O marido da nai da miña bisavoa morreu aquel día que nomeaba no desvarío, foron algúns dos presentes a escarvar onde dera as testadas do soterramento, non se atopou nada, nin siquera osos.Na casa sempre se pensou que este conto fora producto dunha vella muda deliriando pola febre.
- Agora que o dís as túas orellas son un algo picudas, dixo Vicki
(a seguir...)
Fotos de Santiago:
http://www.fotoaleph.com/Exposiciones/EspejosCamino/EspejosCamino-foto08.html#EspejosCamino
Anxel Fole, e escritor de medos clásico en galego,con acceso a un dos seus libros:
http://www.spid.es/webs/abg/Galego/Autores/1997.htm
http://html.rincondelvago.com/a-lus-do-candil_contos-a-caron-do-lume_anxel-fole.html
Escribe un comentario