Publicidad:
La Coctelera

basicorodriguez

1 Julio 2006

O CULTO OCULTO(Nivola compostela por entregas)

O serán siguinte foronse reunindo todos pouco a pouco, cada parella de camaradas foran quedando ao longo da tardiña, as rapazas non acudiron ata tarde, xa ceadas e máis amantadas que de véspera. Había certa inquietude e ninguén quería rompe-lo xeo sobre o tema que os levaba a reunirse de novo. Había por parte de O Dylan unha certo recelo e curiosidade polo que ía pasar, O Cuco máis cínico agardaba o desenvolvemento dos acontecementos para meter baza, estaba agazapado máis que prudente, O Bembas rompeu falar:
-Esto é unha coña, penso que nos tomaron o pelo eses dous, xa veredes como é unha quedada e non veñen.
- Quedar quedamos para as doce, no linde doutro día e para que non se noten as interrupcións das badaladas e haxa silencio, dixo Vicki.
- Quedaches de vir ás doce e chegaches ás doce e media, cantarexou O Dylan retranqueiramente, sen dicir nada e dicindo todo .
- Non sexades agoiros, son as doce menos cuarto, e seguro que non atopan a oiuxa ou ouija, ou como queiran chamarlle dixo Mariaxo.

- A ouija non hai que atopala bobiña, vale unha tabla, unha mesa ou un taboleiro e un vaso por onde esvarar polas letras, o importante é a concentración e que non haxa malos rollos entre os reunidos nin no ambiente.
-Carallo, moito sabes destas cousas Bembiñas, dixo O Dylan con sonsonete.
- Parece mentira que mo digas ti, non estiveches aquela vez cando interrogamos á calavera na casa de Xosé Luis, O Rubio. Agora que o penso debe rozar algo a túa familia.
-Pero que tes que dicir, que teño unha familia de espiritistas ou que?, O Rubio fixo
aquelo en casa na mesa de camilla por enredar , foi un ensaio científico con caderno de notas
e pautas, o de agora perdoa, é ben distinto, menos solemne.

- Parar de reñer, dixo Mariaxo por aló abaixo veñen eses dous buscando un efecto sorpresa, están dando as doce, seguro que estiveron agochados para provocarnos teatralmente.
- Eses, como non che provoquen noxo, non notades o cheiro eau-de-sobaquiño do Precedo subíndolle a berros dende as virillas, dixo O Dylan, que estaba de non.
Acercáronse pola praza empedrada coas zamarras e as bufandas, O Precedo traía unha especie de carpeta pendurada do brazo dereito, Antón ó seu carón traía un cilindro envolveito que parecía un chourizón.
- Perdoade a tardanza, pero tivemos que prepara-lo taboleiro da ouija.
- Non me digas que vés en plan profesional con artesanía e todo.
- Deso nada, tivemos que mangar o taboleiro do parchís no Maycar. Parece doado cando estás alí, pero basta meterse na allada para só ve-los camareiros ociosos pendientes de que lle pidas outra consumición.
- Ben, di que tampouco temos pinta de clientes habituais, e a partires de hoxe pasamos a sospeitosos habituais, dixo O Portugués.

-Non montes películas, que coa cantidade de taboleiros de damas, parchís e tapetes de cartas non botarán en falta un puñeteiro taboleiro. O Cagado este, non quería mercar un novo, o pulcro alumno de dez en conducta e aplicación?
- Non te pases, que moito parolas pero quen arrapañou con el fun eu, e ti case non es quen de colle-lo cubilete e os dados.
- Vale, vale, sobramos tres ou catro se queredes xogar una partida de parchís, vimos ó que vimos ou que?, dixo O Bembas.
- Un intre, pero para que queríades os dados e fichas?, dixo O Cuco ao quite.
- Coño, para queres un taboleiro de parchís sen fichas e dados, se despois desto calquera día queremos botar unha partida, témolo completo, paspán.
-Vostede perdoe , non relacionaba a gravidade e solemnidade da movida de hoxe cos xogos de salón.
-Vale, atallando, imos ao gran. Cómpre tempo para que haxa silencio e os explique o que imos facer: o taboleiro a utilizar é o do Xogo da Oca, 63 casillas, descontando as catorce ocas , as dúas pontes, e demais apandas: a pousada, o pozo, os dados pola dúbida eo labirinto. O cárcere e a morte que teñen significados directos deixeinas coma válidas, aínda así quedan 42 casillas libres: pintéille unha letra e unha cifra en cada unha delas, e máis coas catro sobrantes púxenlle os puntos cardinais: Norte, Sur, Este e Oeste. O trozo de cirio que alampara no centro foi tomado de prestado nas Ánimas, a eirexa da Praza de Cervantes por se-lo templo máis vello de Compostela...
-Con taboleiro tan historiado... tan iluminado, nin sei coma viñechedes tan cedo, dixo Vicki.
- Non foi para tanto, o problema era dar coa peza sinaladora das letras, o cubilete non hai quen o faga esvarar polo taboleiro sen que emborque, así que ó final decidimos usar un vasiño-dedal dos do augardente, e claro había que facerse con el...Dadas as explicacións pertinentes (a traballar!.
- Que dis?, dixo O Cuco, acucado e enguliñado coma un moucho.
- Que fomos ao Tumbadios a espantalo frío, e mangámoslle o vidro.

- É un dicir. Hai silencio abondo non pasa un ánima polos rúas , hai relente , pasan das doce, a lúa está regodeada .
Así que porfa comenzamos o ritual sen máis preámbulos:
-Silencio:
-'Tamos aquí reunidos para servir de comunicación ó espírito que andaba de ruada onte, por favor se existe alguén escéptico ou alguén que pensa enredar cos concentrados debe abandoa-la reunión, esto, é en serio, no vai de coña:
O que máis ou o que menos infundíuse de seriedade, os homes imbaron saliva, as mulleres repeitearon as guedellas e puxeron o nariz cara ó ceo. O Dylan por coherencia ou polo que fora, dixo que ía durmir, que andaba escaso de sono e de soños.
Postos á tarefa arrecuncáronse a carón do taboleiro.
-Poñamo-lo dedo índice da mao dereita sobre o canto da copa e que ninguén faga máis presión có resto, dixo Precedo a un tempo que prendía lume ó cirio que estaba na laga final do xogo da Oca. Seguía imbuído do papel de mestre de cerimonias:
-Silencio!, cantarei as letras e só falarei eu para evitar confusións:Ordeado e feito.
Todos se puxeron en aptitude colabouradora esperando algo , algunha cousa, algo, algo que xustificase a súa presencia no plenilunio da Quintana dos Mortos.
-Hai alguén rondando por aí?
O vaso non se movía a penas, a luz da vela tremía a pesar do coro de brazos extendidos cara ao eixo, o cirio case do trinque molestaba para xira-lo vaso e parecía como se o propio vaso o soubera e non arrancara a deslizarse por eso.
-Será mellor poñer o lume nun recanto onde non estorbe, como o vaso se poña a mover algún vaise queimar, dixo O Bembas.
O Cuco sacou a navalla do peto, afogou o lume e recortou unha roda da altura de dous dedos, prendeu de novo a candela.
O Precedo trascou a lingua contrariado e dixo:

-Está ben pero hai que concentrarse dunha puñeteira vez, falo eu, se tedes algo máis que dicir , dicilo xa, ou ben calade para sempre - sen el querer saírelle a frase feita das vodas de cinema americano- -veña, vai:
-Espíritu estás aí?, hai algún espíritu ou alma rondando por aí?
Nada pasaba por uns segundos que se facían eternos, ó pouco o vaso torpemente foise dunha casilla a outra con rápidez
-I-S, dixo Precedo, estrañado.
Pasado un anaco corrixe aliviado:

- S-I... , perdón.
-Quen es?
O vaso ía desplazandose polo taboleiro alfabetizado da Oca, conseguindo máis letras polas casillas:
-U-N .A-L-M-A .E-N .P-E-N-A (un alma en pena;(

(A seguir...)

la oca:
http://www.funjdiaz.net/fich442.cfm?ID_Exposicion=51
http://redgeomatica.rediris.es/elenza/materiales/la_oca.htm
http://es.wikipedia.org/wiki/Juego_de_la_Oca

servido por basicorodriguez sin comentarios compártelo

sin comentarios · Escribe aquí tu comentario

Escribe tu comentario


Sobre mí

Fotos

basicorodriguez todavía no ha subido ninguna foto.

¡Anímale a hacerlo!

Buscar

suscríbete

Selecciona el agregador que utilices para suscribirte a este blog (también puedes obtener la URL de los feeds):

¿Qué es esto?

Crea tu blog gratis en La Coctelera