Publicidad:
La Coctelera

basicorodriguez

4 Julio 2006

O CULTO OCULTO(Nivela compostela por entregas)

Na penumbra e a soidade , o silencio da praza , nótase un mutismo que medra nas caras difuminadas dos presentes.hai un palor que só se pode sospeitar polo xeito quedo dos respingos.
- Home ou muller?
- M-U-LL-E-R. (Muller)
-Cal é o teu nome?
-M-A-R-I-A./ D-A-S./ A-N-G-U-S-T-I-A-S.(María das Angustias)
-Cando deixaches noso mundo?
- O .1-2./ D-E./ M-A-I-O./ D-E ./1-8-3-3.(o 12 de maio de 1833)
-Onde vivías?
- E-N./ S-A-N-T-I-A-G-O./ D-E./ C-O-M-P-O-S-T-E-L-A. (En Santiago de Compostela)
-Ben Pero, en que lugar?

-N-O. / C-O-N-V-E-N-T-O. / D-E-. /-A-N-T-E-A-L-T-A-R-E-S. (No convento de Antealtares)
-Onde perdiches a túa vida, o teu corpo en vida?
-A-Q-U-I (aqui)
- Dinos o que ti queiras, María das Angustias.
-N-O-N. / M-E. /Q-U-I-T-E-I. /A. / V-I-D-A, / M-O-R-R-I-N. / P-O-R-. /A-M-O-R,./ P-O-R./ A-C-C-I-D-E-N-T-E, / N-U-N-C-A. / T-R-A-I-C-I-O-N-E-I. / AO . /M-E-U. / P-A-I.(Non me quitei a vida, morrin por amor, por accidente, nunca traicionei ó meu pai)
-Buscas en quen reencarnarte?
-N-O-N ,/ S-O. / Q-U-E-R-O. / Q-U-E. / S-E . / S-A-I-B-A./ A. /V-E-R-D-A-D-E (Non só quero que se saiba a verdade)
Durante un rato tentaron de seguir coa ouixa, pero o vaso parouse de mover, todos quedaron abraiados, mirando para Precedo, O Cuco díxolle:
-Qué coño estás inventando?.
- Inventar nada, o que tampouco sei o qué está a ocorrir aquí. Non sei se alguén está a xogar connosco.
Antón estaba calado, como en trance, de cando en vez oíselle bisbar algo entre os labios, como se estivese a verbalizar un pensamento ou a manter un diálogo cun personaxe imaxinario. De súpeto púxose falar só, en voz alta:

A-Fun por bautismo Vicenta de Castro ata os 21 anos que profesei de relixiosa pelaia neste convento, no que adoptei outra vida . A miña alma escapouse do meu corpo ós trinta e nove anos. Cando faleceu meu pai tiña xa ben anos, só me debía ó amor. Vago por esta escalinata onde xacín á intemperie, cinco días estiven morta sen sepultura . Dúas razóns me soteñen neste estado: primeira, non me suicidéi senón que as miñas maos fallaron ao amarrar con torpeza a corda que pendía das rellas da xanela da miña cela, por non levar luvas talvez, ou pensarme áxil coma na miña infancia na que gateaba ledamente polas árbores da finca que tiña meu pai en San Martiño de Rábade perto da cidade de Lugo.
Pido que se saiba que non fun eu quen voluntariamente puxo fin á vida, razón segunda, se decidín escapar aos meus anos compridos non foi porque estivese privada de razón ou sufrira continuos raptos de demencia coma se difamou, se me calumniou, que o meu comportamento sempre foi exemplar no que respecta ao temperamento e ó cumprimento dos meus labores e deberes, se chaman raptos de demencia estar namorada dun ser querido e terreal, tamén terían que chamar así aos raptos ascéticos de Teresa de Avila ou ó embeleso místico do beato Juan de Avila, o que pasa é que a hipocrisía eclesiástica só quere ver como puro o amor a Deus, e non o amor aos nosos semellantes, ese amor tamén é puro e ata pode ser un xeito de amor a Deus, non tan inmaculado, tan ascético e directo, pero talvez sexa uns dos moitos camiños , dos moitos designios inescrutables que ten Deus para amosarlle o noso amor.
Condeada ó olvido polo meu derradeiro acto, no convento quixeron tapa-la súa propia vergonza de non me ter permitido a miña exclaustración voluntaria, estaba castigada a estar encerrada en vida polos votos tomados despois dunha ignorante e inocente infancia apartada do mundo, demo e carne; entrei novicia e procesei en só once meses aos 21 anos cun bo enxoval e unha boa dote, máis por mor de non defraudar ao meu pai, un honrado contador na Contaduría Maior de Contas na Corte de Madrid cesado polo polo irmán de Napoleón , viúvo e retirado da sociedade civil, que por mor da iniciativa propia, pola covardía de non entrega-lo o meu corazón ao meu querido e amado Luís:
Unha vez morto e enterrado o meu pai, a quen brindara e ofrecera os meus votos máis que ó Padre Eterno, sentín arelas de vivir , simplemente crín ter satisfeito de sobra o anhelo do meu pai carnal, crín ser acredora sobrada da redención da condea perpetua da clausura.

Houbo xente que así o entendeu e tratoume de axudar boamente , desfacer a miña melancolía deixáronme acceder ás celosías da Praza da Quintana para poder envisar ao meu amado baixo os canzorros da casa da Parra, poder dirixirlle acenos coa mirada e palabras afónicas coma berros a un xordo: el por temor a ser observado pola miña priora asentía con disimulo as miñas angustiosas mensaxes, aínda así deu co xeito de mandarme unha roupa mundana para vestir, unha carta na que falabamos da maneira de liberarme do meu secuestro, para poder fuxir lonxe da opresión eclesiástica na que ata o Sr. Bispo estaba implicado. Fallou a fuxida para a miña desgracia eterna.
Todos quedaron a mirar para Antón que mantiña os ollos arregalados mostrando o branco na penumbra do luar.
- Coño, dixo Precedo, convocamos a dúas defuntas , almas de mortas no mesmo sitio. Haberá que averiguar as datas dos sucesos, no Correo Gallego, ou senón haberá que mover fíos para falar co da mesa-camilla.
- Que cómodos e pragmáticos sodes, eu penso qué o millor é empezar por ir a Biblioteca da Universidade.. E levar a Antonio a Urxencias, sabe Deus qué beberíades no Tumbadiós, dixo Mariaxo.
- Beber non bebemos moito, dous ou tres, pero esto non é de beber, dixo O Precedo. Non sei se Antón comera algo . Pásalle ás veces, di que ten problemas nos oídos, acúfenos ou algo así, que ás veces lle fan oír cousas.
- Carallo, dixo O Bembas, pobre del, se ten moitos rollos destes vaise volver tolo. Precedo?. Dílle que esperte e que pare de face-lo tolo, xa se ve porque tardáchedes tanto, de quen é o páragrafo plaxiado , de Bécquer ou de Lovecraft, pirados?.
-Para o carro, que aquí non hai nada de nada preparado, O Portugués entrou en trance, onte faloume de que escoitara algo, algo totalmente distinto ó que oíra eu, así que como vaias por ese lado, por aí vas mal. Pensa o ladrón que da súa condición todos son.
-Que apromo, voume antes que empecedes co de inocentes!, inocentes!, agur.
- Nós tamén nos imos, dixeron as rapazas o que foi aproveitado cun aceno polo Bembas para irse.

Quedaba O Prece un pouco preocupado co Antón, cando xa ían lonxe, o Antón falou:
- Non estiven trance nin perdín a chaveta, fun o altoparlante do que oíchedes, é alucinante, notei como un nó na gorxa que me apretaba dende dentro, dende o bocado de Adán, coma un arroto que non dá saído ou coma un salouco que non podes reprimir, e acto seguido saían as palabras a cachón, eu oínas coma vós, non coma se sente un nun magnetofón, pero eu non recoñocía coma propia a voz, xa sei que eso sempre pasa, pero dígoche que me teño oído gravado e non era esa a miña voz.
-Estamos bós, sabe Deus ou o Demo que forzas espertaríamos, eu non sei, pero teño me..., penso, caneou habilidosamente Precedo, que é prudente ir índose.
Ó día siguiente e os sucesivos Antón encontrábase mal, a pesar de que para ir de casa á súa facultade o mellor camiño era a Quintana, evitaba pasar por ali, rodeando por incómodos vieiros para non pasar cerca da escalinata. Precedo notáralle alteracións na maneira de ser do Portugués, conductas estrañas e rarezas que pensou producto do descoñecemento que tiña do seu temperamento, ao fin e ao cabo só coñecía dende a penas tres meses escasos, de por si insuficientes para dilucidar-las sorprendente e erráticas maneiras de comportarse de calquera.
Sen embargo aquela noite na Quintana dos Mortos puñera en marcha toda a súa curiosidade e capacidade indagadora, tiña a présa só necesitaban buscar o rastro que deixara para descubri-la orixe da peza, era unha cinexética invertida, unha especie de espeleoloxía do sabido de onde viñera? como? cando?. Contábase coa data exacta dun dos feitos, case podería dicirse o lugar, case podería entenderse o como,eran amigas?: María das Angustias e Vicenta,que triste e loituosa coincidencia as condeaba a andar xuntas en pena, a vagar polo mesmo lugar? . Senón eran amigas, que pintan xuntas
Coñece unha presencia a presencia da outra?. Vagan polo mesmo lugar en distinta dimensión temporal? por que unha delas se valeu da expresión colectiva da ouija e a outra utiliza a un pobre diaño para facerse oír?

As preguntas eran moitas, levedaban as dúbidas , as ganas de obte-las respostas tamén medraban, pero a pesar de todo había un montón de temores, recelos e inquedazas que paralizaban a Precedo: agolpábanse na súa mente multiples camiños posibles, estaba nunha encrucillada rodopío , no centro dun enredo de investigación, era un labirinto puntual de indicisión que xunta cos seus prexuízos atoaba o seu avance.
O peor seguía a ser o estado de ánimo de Antón, o seu confidente, con O Cuco e O Bembas só esperaba as bulras e a tomadura de pelo en canto quixera sacar o tema, eran desconfiados, apáticos e retranqueiros. O Dylan por medo ou por crenzas non lle eran temas da súa devoción. As rapazas, era obvio, que non ían aportar outra cousa que liadas no pensar de Precedo. A clave estaba en Antón era a bussola que lle axudaría a dar o siguiente paso pero estaba para alá, missing.

Gustavo Adolfo Bécquer:
http://www.xtec.es/~jcosta/leyen.htm
http://www.cervantesvirtual.com/servlet/SirveObras/03698405344615473232268/p0000006.htm#I_20_

servido por basicorodriguez sin comentarios compártelo

sin comentarios · Escribe aquí tu comentario

Escribe tu comentario


Sobre mí

Fotos

basicorodriguez todavía no ha subido ninguna foto.

¡Anímale a hacerlo!

Buscar

suscríbete

Selecciona el agregador que utilices para suscribirte a este blog (también puedes obtener la URL de los feeds):

¿Qué es esto?

Crea tu blog gratis en La Coctelera