O CULTO OCULTO(Nivola compostelana por entregas)

O recinto onde estaba era amplo cos teitos altísimos, xélido na súa soidade, habia un cheiro a balor e ranciedade de excretas e dos escritos e legaxos, estes cando se collían non facían o frufrú típico do papel seco e ás veces había un apegado a outro que dificultaba o labor. Nesta situación xa de por si hostil o que máis lle preocupaba era a sensación de sentirse observado polas costas na súa , polo de agora, ingrata e estéril tarefa. Nalgún momento escapóuselle en alto unha verba de contrariedade e tivo a sensación de ser escoitado, ata tamén cando se producía un silencio exterior ao recinto xa de por si silencioso. Sentíu a sensación de alguén a respirar en reposo e con dificultade, sen hesitación. Non podía fumar e non se atrevía a pedir permiso por medo a dá-la nota e non poder volver, isto aumentaba a súa ansiedade paranoica.
- Seguro que iso que dis que oías eras ti mesmo, eu de ruídos propios e alleos seiche moito, co nervosismo de estar engaiolado e non poder fumar nin morder nas unllas...sempre se cortan cando máis cómpre telas longas.
- Carallo, levantaches co pé dereito Antón. Non, non asegúroche que non, porque iso mesmo matineino eu ao principio para tranquilizarme, pero aguantei a respiración por anacos e seguía a oír alasar , a modiño, pero ben seguro que alguén andaba a respirar mal.
- Pode que sexa unha curuxa, teño entendido que fan un son entre sonear e o alasar dos vellos asmáticos.
- Poida ser unha curuxa, son bichos amantes dos silencios umbrosos e dos óleos dos templos eclesiais. Pero que eu saiba no recinto do Arquivo que se vira non había aceite, só hai o cheiro a amoniaco e pallas podres que botan os excrementos dos ratos.
-Sí, das ratas de biblioteca, míudo problema, se os furas lle trillan os legaxos. Ben seguro que as relixiosas coa súa sabiduría secular teñen a curuxa para desfacerse dos ratiños.
- Pois, hai que discurrir retorcidamente para usar unha curuxa de muradora, caro Antón, como tan culto dis ti, a xente seglar secularmente usou do gato para estes menesteres.
- Veña logo, pero o gato é o símbolo do diaño, o mensaxeiro de meigas e bruxas, non pega nin con cola e moito menos rabón, nun convento. Se queres saír de dúbidas cando volvas mañá a teu ímprobo labor buscas o momento axeitado para aplaudir de socato e sorprender á curuxa, ben seguro que co susto moverá con ruído as súas ás.
Precedo á mañá siguinte regresou máis sereo, erguera máis cedo e tiña fumado abondo para encher o sangue da dose de nicotina necesaria, ninguén lle preguntou nada desta vez ó pór o pé na entrada, fóronselle abrindo portas con recatado silencio ata a sala de arquivos. Comezou a esfaragullar na caixa correspondente á segunda década, comezábase no ano nove coa ocupación francesa que só se nomeaba de raspallón , os papelorios estaban máis desordeados dos que tiña manexado de véspera, como se xa alguén tivera remexido neles antano. No exterior do recinto oíanse ruídos de obreiros, que non lle permitían aguzar os seus oídos, tardou algo máis de media hora en enfrascarse na loita contra resmada e co listado das monxas. Non tardou en adverti-la incómoda sensación de percibir uns ollos clavados na caluga que ineluctablemente facíanlle torna-lo pescozo, a modo de esconxuro para axouta-las molestias, estaba literalmente coa mosca detrás da orella, o que lle impedía concentrarse coma quixera: no 21 de marzo do 1816, día do fundador da orde San Bento, día da profesión e toma de votos da nova relixiosa M0 das Angustias, o achádego fíxolle exclamar en voz alta a súa alegría, que deseguida reprimiu con disimulo, como se houbese en realidade alguén ao seu carón que non debería saber do seu trunfo, seguíu a tomar apuntes sen decatarse nunha nota a borrador, sen marcar en tinta, con letra distinta á ddocumento:
pobre e ignorante pombiña, morta por ignorante do misterio da santiaguísima trinidade compostelán!
De todas maneiras seguíu a tomar notas nas súas fichas, sabedor de que xa tiña o día ganado . Estaba tan alborozado que olvidou as suspicacias e resquemores de primeira hora da mañá e as do día anterior. Alegremente anotaba e volvía sobre a folla de Mª das Angustias, a nota da partida de bautismo tomouna sen saber sequera o que copiaba, pois estaba máis que contento coa simple contemplación da acta, foi así logo cando se decatou da tenue escrita que contiña a alusión a pobre pomba, e deulle por darlle a volta ó folio do día 21 de marzo:
Había un triángulo escaleno , con notas escritas nos tres vértices:
Fillos(Bieitos)
Padre(bispo)
Stga Trinidade
Columbas (Pelaias)
As liñas que facían ou que pechaban os ángulos era discontinuas, a trazos curtos, como se a unión fora máis espiritual que real, unión evidente pero ocultada á plebe. Era coma unha unión vixiante e espiritual da tumba do apóstolo Sanct Iago.
Este debuxo fíxolle cambiar o interese pola M0 das Angustias, era unha incógnita máis que non fondo lle traía unha nova oportunidade de acercarse con algo inédito ao da mesa-camilla . O misterio da monxa pelaia era un chiste comparado coa esistencia dunha posible alianza templaria , descoñecida, no corazón máis occidental da cristiandade precolombina, era un novo grial espiritual que mantiña vivas as tres institucións case que máis antigas de Santiago. Un novo graalísimo.
Estando a pensar nisto fíxose un silencio no exterior da sala , era outra vez o Ánxelus pero tamén era a hora do bocadelo para os obreiros que non pararan de petar ata había escasos momentos, Precedo inconscientemente puxo en marcha o seu piloto automático de escoita e sentiu de novo o queixumoso zoar, o alaso daquela respiración xunto coa desacougante sensación dunha mirada clavada na súa calota cranial, no terceiro ollo couquicial, fixo un ademán de espreguizarse ao tempo que bocexaba e cruxía os dedos con pausado cerimonial de deluvación , nun tris aplaudiu e uleou boquexando con estrépito, con disimulo e sen aparentemente perder a sensación de espontaneidade. A estourada ecoou pola sala, pero o silencio que seguiu á respiración pareceuse entrecortar un anaco, para seguidos uns escasos segundos volver notarse ostensiblemente para o aguzado e cada vez máis abraiado oído de Precedo.
-Proseguín ata acabar no vinte, no 1820, tiña que seguir a pesar de que xa tiña os datos máis importantes na man, sempre hai que deixar portas abertas por se hai que volver a un sitio, a miña coartada seguía en alto.
- E non tiveches medo?.
-Non e si, o medo foi agrandándose, o medo é libre e medra se o deixas medrar en ti, pero os obreiros proseguiron petando, e convencínme que sería algunha monxiña cardiaca vixiante de que ninguén arramplase con algún documento.
- Eu , polas miñas partes, e por se lle pode server de algo , dixo Telo con certa retranca, do libro de Pintos saquei estes versos:
A no quise yo decir que fuese malo
el profesar de monja, lejos de eso.
Qué lástima me dio dije tan sólo
porque triste al magín vino al recuerdo
de aquella que era en San Payo de Santiago
salió por una reja y fue su cuerpo
rasgado por un garfio y al caerse
murió ha veinte años , poco menos.
(...)
Visteis acaso caída
palpitando en su dolor
cándida tórtola herida
del tiro del cazador
perder la inocente vida?
(...)
Blanca azucena arrancada
de noche de tu jardín,
y a que deshora deshojada
por aquel de San Martín
que te dejo amortejada.
(...)
Sonó la triste campana
y el pueblo clavó sus ojos
agolpado en la Quintana
en tus mortales despojos
y cuerda de la ventana.
(...)
Aquel ay , ay moribundo
que en la plaza resonó
era de un pesar profundo
porque Dios te iluminó
para pasar a otro mundo.
(...)
Los ministros de paz y su prelado
dudaron un momento de su suerte
creyendo que quedara excomulgado
aquel blanco despojo de la muerte.
(...)
Las vírgenes en coro congregadas
los ojos en el Cielo, con fervor,
pedían con las manos levantadas
piedad para una sierva del Señor
(...)
Adiós sirín alegre
da cas do señor,
adiós coitada rula
de mal fadado amor.
(Estribillo)
(...)
- )Por ventura en la memoria
tendrá V., señor gaiteiro,
de aquellos perollanes
los nombres y hogar paterno?
-Non o sabrás da miña boca
si quizais se che esqueceron.
Sabido o pecado, o nome
dos penitentes calemos.
(...)
-É o máis importante que atopei, a pena é non dar co resto, pero parece que as cousas van cadrando, dixo Antón.
- Xa teño tódolos datos, dixo con desgana Precedo, a partida de nacemento de Vicenta de Castro y López, nacida en Madrid no 1794, filla de Antonio e Teresa, tomou como novo nome para a nova vida o de María das Angustias o día 21 de marzo de 1816, tiña cando morreu 39 anos. Fin do misterio das dúas mortas, eran a mesma persoa.
- Carallo, que che rendeu a mañá.
- Máis ou menos, tomei escasamente notas, porque cando mirara o documento pasáranseme unha seria serie de detalles, tiña présa porque se me acababa o tempo, teño que contarche algo máis pero cómpreme unha lupa e mañá confírmoche o resto. Non quixo comentar nada da Santiaguísima Trinidade, había un tipo con pinta de ex-semenarista observando de frente e a ben seguro léndolles nos labios .
-Ben, mañá será outro día, está tarde teño que estudiar , dixo ó despedirse Antón
- Deica mañá a mesma hora de hoxe, onde nos vimos hai seis días. Non quería dar pistas a pesar do xesto da cara que lle puxo O Portugués pola forma de dar a cita.
Ao dia siguiente cando se acercou Precedo a San Paio atopou unha nota para el na portalada da entrada:
Como terá notado iniciamos unhas obras de albanelería na Casa estes días pasados debido a isto e para evitarlle molestias e outros inconvenientes na súa investigación, rogámoslle encarecidamente que non veña por aquí ata pasados quince días, en que acabadas as obras, Vde poderá reanudar con maior comodidade e tranquilidade o seu labor investigatorio.
A súa segura servidora :
(garabato ilexible),
Madre Abadesa

