O CULTO OCULTO (Nivola compostelana por entregas)

Precedo quedou desconcertado , desconcentrado. Que maneira tan intelixente de sodomizalo polo seu ben, educadamente. ( Non daba entendido, as obras xa estaban iniciadas anticipadamente, para A evitarlle molestias e incovenientes ) Como non llo comunicaran de véspera?. Preocupadas pola miña tranquilidade danme polo sacro, e adían a calendas gregas a miña tarefa. Monxiñas. Retortas tortoliñas. Saiú á prazoleta de Antealtares cabreado, tiña toda a mañá por diante, derrotado e sen derrota, desnortado e espabilado, gastado o cupo de pitillos que tiña racionado para unha mañá, non sabía que facer. Púxose pasear ata a Quintana para reflexionar, a maña ía fría e camiñaba lentamente como se iso servira de algo e o tempo cundise menos ata a unha, quedara na cafetería da Facultade de Letras onde estaba citado cripticamente con Antón.
Ao pouco de ir andando voltou sentir a rara inquietude de ser observado polas costas, a mesma sensación desacougante que percibira no Arquivo de San Paio, amarrou a carpeta con máis forza e rousou o pescozo e viu un sacerdote co alza-colo branco e camisa gris característica , cunha carteira de coiro pendurada do brazo esquerdo. Viña camiñando uns pasos máis atrás del e aproveitou a paradiña de Precedo para adiantalo, seguindo cara adiante quizais para San Martiño Pinario, o Semenario Maior. Ó ve-la manobra respirou fondo con alivio, Precedo pensou non sen motivo que estábase a converter nun irredento paranoico. Unha víctima dos seus propios prexuízos anticlericais, proxectaba a xenreira que sentía sobre o clero nun suposto odio sobre el, a reversibilidade que estaba a enxendrarlle a situación producía unha medranza do medo e inquedanza.
Sentou na Quintana de Mortos , practicamente no mesmo recanto onde tiveran lugar os exitosos sucesos nocturnos paranormais. Tentaba de conxugar debidamente os datos que posuía, a un tempo que contemplaba a fraga de torres, torreóns, escaleiras, tellados e balaustradas da traseira da Catedral, foi neses intres cando volveu sentir a rara sensación de ser velado: a xente cruzaba a praza coas présas dos asuntos e dos negocios, algunhas mulleres novas paseaban os nenos nos carriños. Pero os que subían a escalinata non facían nada anormal que lle axudara a confirmar as súas sospeitas: miraban para el coa instantánea e procurada atención que se presta a alguén quieto, por se fose un coñecido e houbera que saudar. Pero acto seguido non había ningunha mirada por cima de onde el estaba, que podería supór alguén quieto parado algo máis riba . Farto de seguir a sentir a preocupante sensación xirouse en redondo pero non observou nada raro, mirou para o alto, ata o ceo, no momento non se apreciaba nada, agás o ruidiño do peche dunha ventá tralas celosías do Convento de Antealtares.
Se votos, para que reixas?. Se reixas, para que votos?.
Era iso o que pasara , algunha monxa lega de clausura aburrida clavara por simple casualidade a mirada no seu couquizo peiteado ao alimón con auga e limón. Os mecanismos de defensa do ego furrulábanlle de marabilla. Acougado deulle o pálpito de ir pasear para frea-los nervios, ergueuse e púxose a andar sen rumbo polas rúas da parte vella, baixar ó trote pola fonte dos cabalos mamóns de Praterías e pola Rúa do Villar dando unha volta polos soportais. Precedo dende había tempo escapaba, sempre que podía, de pararse diante da libraria Porto&Cía ; nos tempos insignes de súa Eminencia e súa Menudencia, do altísimo Cardeal e o seu baixo Deán nos anos 40 e 50 , en Santiago foran famosas as tertulias que se celebraban no reservado da librería: librería e bazar relixioso, no que tamén se vendías obxectos varios e variados de Culto e costosos incultos ex-votos da clase alta, os ex-votos populares mercábanse na Cerería da Rúa Nova. Naqueles anos da fame fundamentárase de novo o poder de MITRA ó carón do Cardeal, querían arrebatar ós de sempre a autoridade terrea pola facción requeté do clero xunto cos neo-falanxistas arribistas e os novos ricos da postguerra, querían facerse co poder co trasunto do dominio da Confraría do Apóstolo. Daquelas épocas restáballe a Libraria Porto&Cía o privilexio de ser sé espúrea do clero da diócese compostelán, segredo de todos sabido xa dende a época en que en Compostela ardían os buzóns. Mesmo a un lado había á entrada dun patín de vicindade cunha tabóa pendurada no oco inferior da escada, onde se expoñía a cualificación moral das películas que se proxectaban nos cines de Compostela. Precedo ensinoulle a Antón o sitio para aprende-la linguaxe de pelo de ovo, retorto e cortante, da clerecía á hora de cualificar, mesmo a nivel de crítica artística, e poñerlle a avaliación moral os filmes , que ía dende o Sen Reparos das infantís ata a 4 - R definitiva, con entrada directa no averno se se morría un tris despois de asistir á proxección. Aquel día siquera se parou a comproba-las cualificacións. Saíu axiña e seguiu a rota dos soportais´
Na sombreireria detivose tamén un anaco a mirar , a escolle-lo sombreiro que mercaría cando tivera un momento de cartos abundantes, no escaparate decatouse do aspecto horrible e extraño que levaba, aproveitou o efecto espello, pero non puido reprimir un tic de clandestinite e mirar con disimulo por riba do propio ombreiro, para descubrir se alguén o estaba a seguir. Notou a presencia dunha persona con aspecto de ter levado sotana no seu día, estaba mirando finxidamente a un tempo que sostiña un libro de novela do xeito que os párrocos acostuman soster o breviario nas súas obrigadas lecturas peripatéticas cotiás.
Precedo pensou que era uns deses días que se che dá por fixarte se hai mulleres preñadas non fas máis que atoparte con tódalas mulleres preñadas do mundo. Non vía máis que sotanas evidentes ou ocultas. Seguiu para adiante na libraria González os libros estaban presos en vidreiras, non se podían palpar e menos cheirar , despachábanos como o calzado nalgunhas zapaterías de postín, en que había que solicita-los polo número ou sinalar o desexado no escaparate: os donos recitaban o precio ó tempo que pousaban o tomo no mostrador e a penas o deixaban tocar, se non facías ademán de amosa-los cartos: todos cheiraban ó húmído fedor da parte vella. Os donos, uns anciáns, cos seus mitóns ata no estío e deluvando as maos con delectación ata fastío, a Precedo dábanlle pena e provocábanlle desacougo e cansacio moral.
Non tiña cartos nin tempo para falar con Manolo, O Xudeu, era moi sagaz, a pesar que o diñeiro non olet. Tiña un sentido aguzado do ulido ou a cavidade vómero-nasal moi desarrollada para saber se no peto do cliente había cartos ou non , cando lle facían consultas bibliográficas no portal. A Precedo e , como a el , a moitos gustaríalle poder baixar ó soto, que fantaseaban cheo de libros ben orientados, os corrientes a vista con falsas portas e estantes xiratorios para agacha-los libros prohibidos pola censura franquista , da chamada rimbombantemente Oficina de Orientación Bibliográfica (sic) dirixida polo Sr. Robles Piquer . Habenzas adqueridas polos libreiros vellos no seu tempo pola inquina da Inquisición, Manolo, O Xudeu, podía se-la encarnación do mito do libreiro errante, que traía os libros da Reforma, de Erasmo e Lutero, de Voltaire e Rousseau, de Sade, do Abate Marchena, de Izco de Laiglesia, de Proudhon, de Bakunin e de Marx, e últimamente os de Lenin, O Che, de Mao ou de León Trotski .Pero O Xudeu non era un libreiro , era un conseguidor , un rebuscador no rebusco dolibros perdido, que se lle tiña que preguntar se tal ou tal outro libro existía ou era apócrifo, facerlle consultas bibliográficas , información da que se nutría polos propios clientes, ademais era un erudito das edicións raras e escasas, pero, repito, perspicaz abondo, cumprian cartos e erudición propia para entrar no seu intercambio, no seu zoco ou troco como se queira mirar.
Precedo seguía para adiante no seu periplo bibliográfico, a súa osada odisea pola librarias, na libraria Galí pasaba como en González, coa salvedade que no exterior da columna do soportal porticado penduraban uns expositores acristalados coas novedades, unha parada progre obrigada á saída ou á entrada do cine Yago para estar ó día, as novedades de Taurus, F.C.E.-Fondo de Cultura Económica- ou Península: era masoquismo puro e duro, era unha obscena exposición cultural dos libros prohibitivos, da árbore terrenal da Ciencia , do Ben e do Mal...
Precedo detívose a facer tempo en Galí, ó cabo dun anaco volveu percibir a extraña sención de que os cabelos do pescozo e a caluga arrepíabanselle, alguén levaba un cacho mirándoo, pero a xente que paseaba polos soportais non permitía contemplar doadamente a quen quixera que fora esta vez o que estivese guichando. A medio remirar o andel foise, apresurando o paso e premendo a carpeta contra o corpo, íase ó Ensanche. A libraria Carballal era pouco afeita para mira-las novedades, e no estaba afouto par parase de vagar.
No Ensanche podía fuxir e moverse libremente fóra do territorio de maior densidade clerical a Cidade Vella, se eran os curas , como sospeitaba, quen o estaban a hostigar e espiar, na zona nova a eles non lle ía ser tan doado camuflarse e mestúrarse
entre a xente. Estaba farto, mosqueado de veras , se pillaba algún dos acosadores fitando para el na parte nova , non ía ter medo de acercárselle , encaralo e preguntarlle porque o estaban a seguir. Por estas rúas máis amplas e sen soportais había menos xente a pasear e andar, era un territorio máis ceibo.
( a seguir...)
Mendez Ferrin: No ventre do silecio(Cando en Compostela ardian os buzóns)
http://html.rincondelvago.com/xose-luis-mendez-ferrin.html
http://www.culturagalega.org/especiais/poetasenarradores/narradores/narradores_8.htm
La Enciclopedia de Diderot:
http://www.saber.golwen.com.ar/henciclop.htm
http://thales.cica.es/rd/Recursos/rd99/ed99-0257-01/enciclo.html
http://es.wikipedia.org/wiki/Denis_Diderot
Ilustración:
http://thales.cica.es/rd/Recursos/rd99/ed99-0257-01/ilustra.html
Clandestinidade e dictadura franzista:
http://www.h-debate.com/Spanish/debateesp/Gue-civil/guillamon2.htm
http://www.iuguadalajara.org/documentos/LA%20CULTURA%20BAJO%20EL%20FRANQUISMO.doc
http://www.ernestmandel.org/es/escritos/pdf/elcrepusculodelfranquismo-ErnestMandel.pdf
http://www.ruedoiberico.org/articulos/index.php?id=8

