Ao pasar de volta, parouse no osario con algo de detenemento, descubriu un fresco pintado, moi rústico , naïf, eran dous nenos á orela dun regato roxo minio a xogar con barro e unhas pombas ou búcaros, un dos nenos ten un gorro frixio e un coitelo sostido no cíngulo que recolle a súa túnica branca , o outro neno é malencarado coas cellas circunflexas e o pelo pichito e roibo, un neno roxelo , e amurriado con cara de can ; percíbese na escea que os nenos rivalizan a facer figuras: o neno da túnica alba ten varias pombas ou búcaros en forma de paxaro ó seu pé, sostén con ámbalas dúas maos unha pomba de barro a altura da boca, parece querer bicala ou soprarlle, por riba del hai unhas raiolas cheas cunha ducia de pombas brancas perdéndose en ve cara ó infinito do ceo , cara un sol rodeado de sete aros. O neno roxelo trata de modelar algo que se espachurra nun cirillote de barro, ten varios turullos de barro ós pés. A escena non é enternecedora, o neno coa pucha representa ao demiurgo dando vida ás pombas de barro, é unha parábola da vida mundana e a vida sagrada do convento? ou é a apócrifa escea do neno Xesús e Xudas rivalizando desde críos por quen é o verdadeiro salvador como no conto de Borges as tres versións de Xudas? Naqueles momentos para Precedo tódalas interpretacións eran posibles.
O tempo víñaselle encima , debería, visto o visto, aproveitar para volver o punto de partida para seguir a explorar. Volveu sobre os seus pasos ata a baixada do altar, seguía a galería pola dereita cara á zona da Quintana. Despois de andar uns pasos por un corredor estreito a cripta facíase máis amplia cunha especie de sala longa con restos de antigos reclinatorios de madeira e argolas para colocar fachas, tiña cabida para un medio cento de persoas, ó fondo había unha especie de espacio máis amplo que non podía iluminar polo foco pero tiña aspecto de se-lo umbral dun amplo laberinto, polas falsas entradas que de cando en vez xordían polos laterais. Había algún que outro signo ou figura que estaba grafitado polas paredes: algunha choia enmascarada , coma os médicos das pestes mediavais, leóns, soldados armados e con armaduras, ninfas con grilandas no cabelo, e outras figuras e atributos máis profanas que cristiáns, máis gregas que romanas. A medida que camiñaba pola súa esquerda había pequenas raiolas de luz artificial que se escoaban polo túnel. Apagou o seu foco para percibilas mellor, baixo dunha delas había un poio onde subido ó mesmo podía mirar por unha especie de fachineiro ou troneira que tiña un burato ó exterior desde onde se vía a Quintana practicamente ata os soportais da Casa Canónica .Polo que abarcaba a vista debería estar debaixo da escalinata da Quintana cerca da Casa da Parra.
Por aqui fora por onde viñeran os barullos da noite da ouija, estaba a encontrase coas explicacións a parte dos feitos que sucederan naquela xuntanza de amigos.
Recuou sobre dos seu pasos para decatarse das pedras de silleiría que había na bóveda do túnel, era un teito cóncavo e non lápidas de pedra coma tan lixeira oíra dicir a moita xente. Ó final no ampliado do salón había un pozo cun peitoril baixo , a altura dos xeonllos, e un vello e arcaico bimbastro con corda no cabo cunha altura que dá no ceo da cripta e o guindaste está perpedicular ó corredor, o pozo semella estar ben conservado e ten auga, oese correr no fondo.
De fronte a el hai un fresco extraño: cheo de mofo, as figuras pintadas distínguense ben ó meterlle a luz do foco, o balor difumina os contornos, é unha Creación do Mundo. Unha Cosmografía rara, o nacemento simbólico do cristianismo: hai un mozo con ás (un arcano, un arcanxe , seguro, Lucas ?) tocado co mesmo tipo de pucha frixia xa vista antes no outo fresco, cun facho e un coitelo co que sacrifica un touro pintado de branco Mateo?), os cornos do touro son os cornos da lúa en crecente, unha águia con aspecto de corvo (a pesares do aspecto do bico e a cor moura, ten que ser unha águia , do bico saía unhas letras mediavais que claramente podían lerse Johanus, san Xoan o evanxelista?). Un león mira e vixía a escena Marcos?), tamén observan a escea unha serpe que zuga o sangue derramado polo rabo do touro e un alacrán que lle morde os atributos viriles, O MAL está representado por estas dúas ultimas figuras. Do corpo aberto do touro albo, branco, manan coma dunha cornucopia: árbores, espigas, froitos, peixes, años, vacas, pitas, paxaros e toda clase de animais, minerais e plantas: un Novo Cosmos da Creación, a figura dun Sol barbado, un Helios, preside dende un firmamento estrado de luminarias, estrelas e sete círculos concéntricos, un circo bordea todo o debuxo coas doce casiñas do Horóscopo. Nótanse espúreos retoques doutras maos distintas que as que pintaron o orixinal coma as lendas que acompañan a certas figuras, sobre todo ás dos evanxelistas e a do pai-sol, a pomba e o fillo, a bote pronto nótase a falta da muller, da virxe María e que non hai ningunha cruz en todo o percorrido que fai a vista de Precedo pola parede.
Seguíu a andar de sorpresa en sorpresa polo corredor máis de douscentos pasos deste laberinto soterrado, atopou outra bifurcación, un dos túneis seguía case recto en continuación da escalinata da Quintana cara á capela da Corticela, por así dicilo, o outro esgállabase en ángulo recto practicamente. Botoulle unha nova mirada ao reló eran case as cinco, oíu as monxas a rezar cunha harmonía anxelical o laudes non ían parar ata raia-lo alba, o túnel cripta coa súa bóveda sobrecollía e poñían a pel de pita. Decidiu optar por avanzar cara adiante, colleu un pouco de congostra abaixo a un tempo que a cavidade se estreitaba, as paredes eran moi rudimentarias, como excavadas a disgusto, a uns douscentos pasos notou uns bos ladrillos coa argamasa rebosada tapiando unha entrada, case estaba no medio do soto do Pazo Episcopal, unhas figuras guerreiras, poucas, aínda que poñia MILES, marcaba a entrada do novo corredor . Había outra entrada afogada con signos solares nos muros, tapiada a gusto a uns poucos pasos costa baixo que pola dirección que levaba tiña que chegar á cripta da basílica catedralicia, ou polo menos debaixo do apóstolo.
Desandou de novo ata a bifurcación, tomou o camiño perpendicular que se fixo angosto e por veces difícil, por momentos no ceorraso había unhas trabes pequenas , coma de mina, apuntalando o teito do túnel, nas paredes había anelos entrelazados e figuras nubiles e priapos, seguramente eran de noivos . O chao era terreo e xurraba auga, o cheiro e a humidade era moi forte que por momentos facíase insoportable, con bafaradas de amoniaco que facían engradar os ollos. Por primeira vez sentíu medo e temeu pola propia vida, cando botou o foco ó lamento e mollado solo , notou sinais recentes de pisadas, dirixiu a luz atrás e fixouse nas súas propias pegadas: eran as únicas que tiñan a punta do zapato no sentido do seu avance, o resto delas case sempre da mesma bota ou sandalia diríxianse ó lado contrario, sen sinais de volta sen ser tan frescas coma as súas propias víanse aínda recentes.
Seguiu camiñando e antes de chegar ó fondo tapiado iluminado polo seu raio de luz percatouse dun pequeno desvío en portelo que colleu, andivo apenas tres ou catro metros e chegou a un artiluxio como aquel que había debaixo do altar da eirexa de San Paio, en moito mellor estado de uso e conservación: tiña gravado na pedra uns peixes e tamén adolescentes cos atributos en punta , coroas de loureiro e túnicas brancas; eran os fillos. Mirou o reloxio non miraran se os outros signos do triángulo escaleno estaban tamén marcados nas outras bocas de túnel. Dáballe tempo de ir mira-los do Pazo Episcopal, as paredes feitas a desgana, tratou de encontra-la saída auxiliar pero non deu con ela nin nada que lle chamase a atención, salvo unha especie de arca coa proa cara ó ceo , que en principio non lle atopaba senso, era unha broma se non fora porque podería ser unha indumentaria guerreira un casco persa, o tocado cardenalicio ou arzobispal, a mitra, coma o que chaman bispo no polo, faltaban as ínfulas.
Só quedaba por atopar a última peza deste quebracabezas da simboloxía da Trinidade, o tempo viñase encima, en menos de media hora tiña que estar no confesonario metido senón quería ser decuberto, segundo as súas contas.
Se estas estaban ben planificadas, debería esperar á misa de doce para saír desapercibido no medio dos parroquianos e amalgama de xente diferente, o variado público que acostumaba servirse dela: turistas, pías amas de casa, mulleres impías debido a lapsus carni , paisanos de paso, estudiantes en exame, oficinistas, mexapías etc. O que lle permitiría saír mesturado entre a xente , sen poder ser detido, sen levantar sospeitas.
Lanzou a luz do foco sobre a zona da porta de pedra e non viu senón coma unha bandada de rudimentarios paxaros en V que sinalaban a entrada cando mirara a escena dos críos a xogar só vira unha raiola non vira a outra ringleira facendo a converxencia liñal en saeta, era o Espírito Santo ou era Venus, polixénico ou prolifica, lúbricos esbozos sabida a fama compartida de promuiscuidade das ruliñas, coellos e ratas . Non podería representar ó Espirito Santo unixénito, porque as pombas eran moitas .
A unha e trinta , bastante antes do previsto Precedo atopou a Antón polo fervedón do Franco.
- Foi a hostia . Estiveches preocupado?
-Home seguramente se non apareces mañá pola mañá empezaría a ocuparme de ti, non por ti, se non por min, por non saber a onde acudir por culpa dun cabrito, futura carne de presidio por violación con escalo da propiedade allea.
Precedo mirou para o seu indisciplinado discípulo, que lle estaba a acontecer como a Lázaro, o do Lazarillo de Tormes, que pasou de ser un pícaro, un cativo, a ser pícaro, fedello a cabrón. Quería narrarlle a súa boa aventura, un buscón sen aventura, sen risco nin picaresca, con medo abondo nunha cripta case abandoada e chea de balor: Un segredo que era segredo, un alto segredo subterráneo, sen creto que o avalase, do que non podía dicir nada sen comprometerse. Uns datos que tiña que entregar ó seu debido tempo para que alguén con vara máis alta a nivel científico puidese descubrir para o gran público. Era uns dos pasadizos do tempos dos mouros dos moitos que existen no subsolo das antigas cidades e pobos de Galiza.
- A cuestión non é anunciar que existe unha construcción esotérica, una cripta vella que intercomunica os dous conventos bieitos, a realidade é que o seu sentido de panóptico, xa non ten valor nos tempos que corren, está obsoleto.
- Caramba obsoleto, admítoche antiga, vella por ese lado o que queiras, para min obsoleto é o que queda atrasado, antigo no senso da moda.
- Non me confundo, o senso é que quedou en desuso para a comunicación, para a vixianza , hoxendía, pódese facer o mesmo cunha cámara, e se me apuras coas funcións de rewind/forwind fan unha moviola do que se quera. Nese senso falo de obsoleto . E os frades agora poden saír a rúa.
-Pero tí segues coa idea de que esas troneiras, de que eses túneis seguen a ser utilizados para observa-lo mundo.
- Cómo non me expliques as pegadas que vin, tí Antón pensas que quen me vixiou a min na Sala do Arquivo foi un invento meu, unha argallada, unha pantasía.
- Casualidades, ao mellor algún dos obreiros que apareceu por ali.
-Non é así, non tal, mellor cambiemos de tema. Tí en realidade pensas que ningún tipo andaba detrás do que eu sei, ti pensas que non están interesados no triángulo escaleno, na monxa , no que amosaría a súa vulnerabilidade, a posibilidade de que sexa un punto de arranque para saca-la luz todo o que ocultan os do culto novo.
ACOTACIÓN:
Mais a Igrexa occidental non só tivo proveito dos cambios de propiedade e do medre do seu patrimonio, algo no que o Emperador estaba persoalmente interesado senón que como sucede dispois de cada guerra grande, os templos abarrótanse de xente e ademáis os monasterios (como asemade foi o caso tras a Primeira Guerra Mundial, época na co clero alemán fundou como promedio doce a trece monasterios ao mes nos anos comprendidos entre 1919 e 1930, con un aumento de dous mil por ano no número de membros). Pois o labrego arruínado, o colono esfameado, o funcionario urbán agobiado polos impostos etc. todos procuraban o seu acougo. “A Igrexa- escribe Gregorivius- era o único que ficaba en pé, sola en medio das ruínas do vello Estado, a única entidade con arreos para sobrevivir e consciente dos seus obxectivos xa que logo enredor só había o deserto”
Historia Criminal del Cristianismo. Karlheinz Deschner
San Marcos: 25 de abril-Toro
http://www.corazones.org/santos/marcos.htm
http://paspespuyas.com/comunidad/index.php/latienta/2005/08/29/el_toro_de_san_marcos
Evanxelios Apócrifos:
http://es.wikipedia.org/wiki/Evangelios_ap%C3%B3crifos
Textos completos:
http://escrituras.tripod.com/
Mitra:
http://www.argemto.com.ar/mitra.htm
http://www.feyrazon.org/DanMitra.htm
Escribe un comentario