Os datos que tiñan na man era unha bomba de reloxeiría, era algo dunha importancia e trascendencia tal que todo o orbe cristiano tiña que coñecer. Despois de varios días foran descifrando as lendas e grafitti da galeria perta do sarcófago do decapitado, xa estaban a punto de dar coa identidade do personaxe, os cabos soltos ían puco a pouco trenzándose.
Primeiramente adoptaron a idea de preparar un dossier e facelo chegar anonimamente á oficina do Deán, ou ó propio Arcebispo: os áchadegos aínda que trascendentes e terriblemente demoledores non deixaban de estar en territorio da propiedade eclesial: fora o que fora non ían cambia-lo curso da historia, aínda que si , certos mitos podían derrumarse.
Non por iso non quita que se ía producir unha cadea de demisións sen precedentes, a Igrexa era unha institución secular que perdura a través dos séculos, e que dificilmente se ve afectada por pequenos vendavais, e mesmo borrascas coma a que se estaba a formar na fisterra ibérica.
Precedo na fase de preparación do dossier volveuse minuciosamente neurótico e compulsivo, tratando en cada momento de redacta-las conclusións ás que se podía chegar, así como os moitos esbozos dos debuxos e frescos que retocaba e retocaba ata darlle a forma precisa: preparaba unha especie de historieta de cómic na que había un personaxe viaxando ó centro da fisterra, con viñetas en que escuetamente esbozaba planos a escala dos espacios, pintaba os frescos , e debuxaba os relicarios, repasaba e repasaba as notas , pero percataronse dunha sensación de ausencia, algo faltaba e medio de tantos obxectos sacros:
-Ioachim ex tribu Iuda Praepitiorum;
-un madeiro pertencente a Ioseph fater ligni;
-outra acha pertencía á cruz do calvario;
-os trozos de arpileira era ó parecer: fimbrias pannorum in quibus infans Salvator era involutas,
-cabelos de María Magdalena que enxoitaran os pés do Mesías,
-a redoma de nardo na que gardaran o cordón umbilical do Neno Xesús as parteiras Zelomi e Salomé: tivera no seu interior o óleo bálsamo vello que María a de Magdala derramou no cabelo e pés do Noso Sr. Xesuscristo;
- un escrúpulo do Santo Prepurcio que lle falta a reliquia que actualmente se venera en Viterbo, Italia;
- a queixada de burro con que Caín matou a Abel e mesmo Sansón matara a centos de Filisteos;
- unha pluma do arcanxo San Grabiel;
- un anaco do rabo do can de San Roque;
-as tabas con que Lonxinos e os seus compañeiros xogaron de a sortes a túnica sagrada.
-crepita ventris ex praecordis Cucuflatis, M ( que podería explicar iconografia de Maese Mateo no Pórtico da Groria)
-a figura votiva de terracota, un monstro con tres cabezas, posiblemente unha representación do Deus Celta Lug.
E outras tantas ata vintetrés que era imposible identificar xa por falta de lenda ou por descoñecemento e ignoranza de Precedo e Antón.
En vez de bocadelos flotantes de diálogo dos tebeos, poñía debaixo unha descrición pormenorizada do que sucedía na escena. Nun momento a narración supeditábase ó pictórico, máis que ás notas de ruta que tiñan collido tanto el como Telo.
Neses momentos saltaba a chispa entre ambos aínda que a versión de Precedo permanecese inalterable. Era o debuxante e o guionista, o autor dictador.
Telo actuaba como mera comparsa da creatividade compulsiva do seu amigo. A parte que lle deu por reanuda-la súa asistencia a clases, mentras Luís pasaba o día pechado na casa, a penas saía a mercar algo para comer ou por tabaco: o seu recadeiro era Telo que o avituallaba e lle facía compañía, a pesar de sentirse doído e desprazado, non quería que a obra de arte se perdese por uns caprichos .
Nela non había ningunha recensión a MITRA, nin a clave/chave pola que iniciaran a viaxe ás entrañas da Quintana.
Telo acudía á casa do seu amigo mañá e tarde, sempre que as súas clases llo permitían.
Ó terceiro ou cuarto día de peche a cal e canto de Precedo empezou a desvariar, falaba de novo de vixianzas e persecucións, era o clero que puxera de novo espías a velalo. Telo atribuía a situación a pasar as noites lendo de claro en claro, e os días de turbio como ó fidalgo chairego estaban a secárselle as meninxes. Mandábao descansar e fumar menos, tentaba en van saíren xuntos a dar unha volta e bourear.
Foi de todo imposible.
Volveuse calado, pouco falador, a parella de amigos semellaba cada vez máis un matrimonio mal avido, era como se a súa presencia fora adentro ausencia. A pesar de que de cando en vez lle facía unha consulta por un pequeno detalle da xira. Nunha desas rupturas de silencio autoimposto soltoulle:
- Hoxe, cando viñas para aquí , non te fixaches na furgoneta branca matrícula de lugo que está aparcada na esquina coa Rúa de San Pedro.
- Si, vina, xa hai tempo que está aparcada a miúdo nese sitio, non me chamou a atención, debe ser dalgún veciño.
- Cando marches fíxate no tipo que está sentado ó volante, senón está paseando ó lado a mirar para aquí: é un tipo grandote, co nariz aplastado coma o dun boxeador e o queixo caído, como se chovese dentro da boca, a roupa que leva parece escollida por un daltónico. Presta atención , senón ves nada agora, cando volvas mañá has de gravalo na retina, é un veedor de MITRA.
- Xa estamos coa mesma cantinela de sempre, tes que airearte e aventa-la paranoia.)Que cona lle podería interesar á MITRA os debuxos e notas dun achádego arquelóxico?
Respodeu poñendo o dedo nos labios e mandando calar a Telo:
-Shuuu.!
Ao tempo que acenou para que non o distraese do seu traballo. Telo pasou a tarde repasando e ordeando os apuntes, lendo materia. De cando en cando respondía ós requerementos, e acercábase cando o vía pasa-la lámina da mesa do artista á zona de depósito para que se lle secase a tinta: admiraba a viñeta e o pé de notas caligráficas de Luís.
Cando saiu a furgoneta seguía no mesmo sitio, pegada á esquina, seguramente o home acababa de chegar de traballar, o seu aspecto era tal como un ex-boxeador sen os osos propios do nariz, estaba a argallar nuns papeis sentado no asiento do conductor. Levantou un case a vista cando Telo pasou ó seu carón. Este non viu nada raro, non era cuestión de facerlle caso ás desconfianzas de Prece, aumentadas e agravadas cada vez que se cría en posesión de algo interesante.
Á media mañá do día siguiente parou mercar pan, recén saído do forno, quente e renxente para levarlle unha barra para o almorzo pequeno , mercou tamén cacao en pó: era a maneira de facelo comer ben e que non tomase café, para temperarlle os nervos un pouco. Cara ás once e media pasadas, estaba chegando á casa de Precedo, aínda así a furgoneta branca de reparto estaba ocupando o seu recanto, unha casualidade, pensou Telo para si, o que o deixou un pouco dislocado foi que home estivesa aínda sentado no lugar do volante, controlando os movementos da rúa, deixara de argallar nos papeis. Almorzaron o pan fresquiño e morno. Luís enfrascarase ata altas horas e a penas espertara cando o seu amigo fixera ruído cazolando para quenta-lo leite.
Nese diálogo do acordar, preguntou pola furgona. Non tivo outro remedio que confirmarlle as sospeitas.
De mutuo acordo decidiron non entregar copia do dossier no arcebispado, eran moi capaces de desfacerse del. Decidiu rematalo e mandarlle unha fotocopia ó da mesa-camilla, e pó-lo orixinal en sitio seguro.
Tres días máis tarde acabou o pormenorizado relato da súa aventura espeleolóxica ou arqueolóxica como se lle queira chamar. Acompañado e custiodado polas costas por Antón fotocopiaron as coarenta láminas coas correspondentes lendas, metéronas nun sobre cunha escueta nota para Ramón Piñeiro:
Estimado profesor de persoas:
Inda que descoñece a miña existencia, teño moito que agradecer a vostede.
Fágolle depositario deste dossier , anonimamente , sobre algo transcendente para historia de Compostela. Non dou a saber meu nome por motivos de seguridade persoal, non por covardía, non osei a avanzar máis nas miñas pesquisas por desconfianza das miñas propias forzas , que por outro tipo de prexuízo, foi por iso talvez o que fora vostede o destinatario e non a oficina do Deán. Espero que dispoña desta información a mellor ver e entender.
Unha grande aperta dun agradecido compañeiro de loita, perdonado e dispensando se con isto último o ofendo.
Durante máis dun mes esperaron a aparición da noticia nos xornais. Foi en van, se algo apareceu foi unha escueta noticia sobre uns novos achádegos na cripta da catedral, que non podían ser de momento expostos ó público xeral. Do uso da información soubemos que chegara ó seu destino : Ó chao do altar maior da Eirexa de San Paio de Antealtares púxose unha tarima de piñeiro americano, donada por unha alma caritativa: a pesar do elevado custe e dificultades por parte da Dirección Xeral de Patrimonio as obras foron realizadas nun tempo récord, pouco máis de sesenta días da entrega do dossier.
Unha nota solta na folla parroquial do Preguntoiro falaba da importancia do donativo e a celeridade con que foran executados os traballos de carpintería.
Outro día uns obreiros do Concello encintaban a escalinata de pedra da Quintana de Mortos e Praterías tapiando ou tapando certas buratas na que se podían agochar certos roedores...
Comentaban a situación sentados mirando para as ventás con celosía que daban á Quintana, na terceira un ramo de flores brancas asomaba pola fiestra, era o doce de maio, sorprendidos :
-Eu, dixo Antón, se che digo a verdade, no século XX pasado todo o que ten pasado, penso que ninguén, e menos unha organización, poida estar interesado nesta teima, xa non somos tan románticos e e menos tan obsoletos.
-Eu dígoche que MITRA funciona, que a súa forza reside en que ninguén cre que poda existir, e que non hei de acougar ata dar coa forma de que o saiba tododiós.
-Poida ser, pero coma sigas por esa banda, máis que MITRA quen che vai pillar é a policía, e ben seguro que che vai sacudir ata o pó do sarnizo.
- Deica máis ver.
- Ata logo, calquera día destes habemos quedar para xogar ó parchís ou á oca.
Pouco a pouco ía sabendo voar só xa non vía ó mestre como mestre en todo, Precedo por circunstacias político laborais tívose que ir face-lo servicio militar a León: a mili os únicos que ían contentos eran os pándigos de aldea que cren que realmente van facerse homes e coñecer mundo, e os radicais vascos que se apuntaban a paracas ou ás C.O.E.S., de guerrilleiros ou comandos especiais para non ter que iren a Arxel. O Franzismo preparaba e dáballes cursiños con futuro ós etarras, derradeiras herencias da Dictadura. Precedo nas súas cartas relataba o surrealismo da vida castrense, a situación de arresto de cousas e obxectos dunha metralladora ou a pista americana de entrenamento , dalgún que outro semoviente como as mulas castigadas a estar todo o día cargadas e a media ración de auga e pienso debido a que coucearan algún suboficial, rompendo a disciplina militar debida a un mando. Naquel mundo saínte da Cruzada de Liberación, entrante no medievo e da mediocridade gobernante todo era crible. O exército era un dos últimos refuxios ou refugos teocráticos do Poder.
Dende León mandoulle Luís unha críptica nota:
Faime outra copia do dossier, desapareceume da taquilla a que eu tiña. Estouno a refacer aínda que me cómpre tempo e memoria. Nos paseos do serán síntome vixiado polo clero cazurro: unha camioneta de reparto de Obleas P.Tinto está moitas veces cerca de por onde eu ando. Estou atrapado, o escapar de aquí é deserción. Xa che escribirei.
Luís
Nunca máis chegou carta outra , foi a última carta de Precedo, desaparecido en combate.
El que va a Santiago
y no va al Salvador
visita al criado
y deja al Señor
Reliquias:
http://es.wikipedia.org/wiki/Relicario
http://es.wikipedia.org/wiki/Reliquia
http://es.wikipedia.org/wiki/Santo_Prepucio
catedral de Oviedo:
http://es.wikipedia.org/wiki/Catedral_de_Oviedo
Escribe un comentario