Publicidad:
La Coctelera

basicorodriguez

13 Julio 2006

O CULTO OCULTO (Nivola Compostelana por entregas)

Antón proseguiu de observador observante e autoobservante do devalar da vida cultura e social de Santiago.

Telo seguía a contra moda estudiando inglés.

Orfo coma un robot sen o seu Asimov, coma unha Galatea sen o seu Pigmalión, O Telo pasaba de aprendiz a oficial de observador no gremio dos observadores da Vida cambiante de Compostela. Descoñecia a totalidade dos descubrementos esotéricos de Precedo sobre Mitra, que se estaban a escoar no fervenzal dos acontecementos de aqueles tempos; a Igrexa comezaba a sufrir competencia na súa obrigada clientela fiel durante o seu monopolio Franzista, cada mais escadalizados e desfidelizados polos intentos de sobredominio sobre almas e corpos. The time are changing...cantareaba ou fungaba polo nariz Bob Dylan ao tempo que aperecían novos frades predicadores vestidos con distintos hábitos e maneiras de ser, con unhas traxes de xastre a un tempo que as sotanas e os sombreiros de tella e birretes desaparecían da paisaxe das rúas e das prazas de Santiago case ó tempo que as boinas raleaban. O Concilio Vaticano II predicara o agiornamento, o ser pobo co pobo, ser xente coa xente, o mellor xeito de aproveitar o camaleonismo no vestido, outramente volvíase ao catequismo de Paulo de Tarso. Pero eran xa outros frades e predicadores os que percorrían as rúas con outras vestimentas, habiaos coa cabeza rapada, nunha tonsura total, cubertos dunha saia laranxada cunha carraca ou pandereta repentían un quirie ou mantra ata a saciedade no medio dunha sociedade provinciana abraiada polo medo ó novo: Hare Krishna, Hare Krishna, Krishna, Krishna, Krishna, Hare , Hare, Hare Rama, Hare Rama, Rama, Rama, Hare, Hare. Asi cada día unha grosa de ducias de veces, 1728 veces e veces e veces, cando acaba un comezaba o compañeiro, era unha predicación dunha boanova ou un castigo escolar falado en vez de escrito.

Outros coa traxe recortada , camisa branca de manga corta e americana, cabelo cortado ao rente segun a recortada moda occidental para a xente de orde, cunha carteira de coiro e cremalleira e unha Biblia sen notas aclaratorias ó pé das páxinas, predicaban a Verdade das Escrituras e o amor a Deus por encima de tódolas cousas, o amor asembleario das comunidades cristians das epístolas pablistas a Corintos ou Efeso, a Deus rogando e gañando, eran coñecidos como Mormóns predicadores apocalípticos da Igrexa de Xesuscristo dos días Derradeiros na procura dos 144.000 xustos que se ían salvar (mil grosas miragrosas, outra vez a ducia multiplicada) durante Xuizo Final a chegar, falaban e falaban do seu fundador Xosé Smith que mediante as indicacións do anxo Moroni nunha teofanía case mosaica, fixerase cun libro sagrado xudeu coas páxinas de ouro, a Biblia de Xedeon , pertencente as dez tribos perdidas de Israel, emigrantes precolombinas que foron visitadas e adoctrinadas por Xesus na caurentena previa a Ascensión ó Ceos: O Pobo Escollido de Deus en USA. Unha nova fe, unhas revelacións cunha mixtión entre apocalípticas, secretas ou caóticas, coma as pastorciñas lusas.Nunha Europa ou América católicas e marianas as hierofanías son mais edípicas a través da Virxe María en Lourdes, Fátima ou Guadalupe etc..nunha América blanca , protestante e anglosaxona nas súas distintas ramas e cultos sólo pode falar un Deus masculino: un Xuizo Universal no Val De Iosafat, sen indulxencias nin apelacións era demoladedor para os Petos de ánimas e o reparto de Indulxencias parciais e plenarias dos Curas prevaticanistas entre as clases medias acostumadas ata antonte a pagar bulas e privilexios para poder poñer un prato cárnico durante as Cuaresmas, xente doada de convencer lonxe dos piadosos mexapías e dos extremistas agnósticos do pensamento ceibe miraban con retranca e ironía ó novos frades camiñante.

Con estes tamén viñan os Testigo de Iohavá, pacifistas e anti-militaristas, lideraban parte da oposición obxectora relixiosa ó servicio militar obrigatoria bastante antes que naceran os obxectores laicos. Autodenominábanse Estudiantes da Biblia, e como tal trataban de esperta as mentes mediante a súa revista Despertad! homónima da revista da CNT viguesa durante a II República; fanáticos ó seu xeito consideraban unha verdade irrefutable o escrito nas Sagradas Escrituras. Predicaban nos bairros populares e das bisbarras Compostelanas abandonados pola escaseza de curas católicos coa espantada sucedida a primeiros dos setentas no Semenario Maior da diócese.

Telo co seu novo amigo Sousil adicabanse a observar o novo barullo relixioso con as crenzas à la carte practicamente, a según a extracción familiar e sociolóxica da grei.

Sousil era o prototipo moderno de comunión de razas, fillo dunha compostelana licenciada en Hispánicas que casara cun indostaní de Bombai.Tiña o cabelo pichiño e a faciana oscura característica dos bengalís , barba rala e ollos profundos de ambar, falaba dun xeito especial o galego con acento británico que sobrecorrexía ceceado:

- Vichez aquelez?

- A quén? A esa parella de xipies?

- Szi, aquelez que zemellan fillos daz florez de California dos sezenta.

-Ben os vexo, hoxendía non me chaman a atención polo modo de vestir ninguén. Eso pronto vai ser moda ou pasará de moda, depende dos modistos mais que da xente.

-Non é ezo, eztan a repartir uns panflectos. Son os Nenos de Deus.Non estabaz a recoller todo o acerbo de moda das crenzas?.

-Nenos ou criaturas de Deus somos todos, ata os becerros.

-Non é ezo, eztos son unha sezta, teñenllez comido o tarro e predican un xeito de amor universal, con sesionz de coñecemento no senzo bíblico.

-Manda carallo, pola maneira como visten parecen os propios para rapañar os refugallos do xipismo que esta a pór de moda a Mari Huana ou a Mary Quant.
-Cada rabaño cumpre do zeu pazto e do seu paztor. Estos mais que paztores de ánimas e ánimos sonche paztores de corpos. Anima ou líbidos ambo-los dous son conceptos metafísicos, ou físicos pola metade.

Telo quedou a meditar as verbas do seu amigo, e soltou ao cabo dun cacho:

-A fé desvaída e dividida é unha boa maneira de evitar o anticlericalismo. A Transfusión non a ir cos arrebatos e furores contras os curas e as igrexas . Todo anticlerical é un vello creente e un cliente decepcionado.

-Eu non penso azí, a Igrexa Católica como organización secular ten moitos recurzos, ten moitos zaberes mais por vella que por malicioza recolle no zeu seo o mellor de cada casa.

Sufreu moitas cizmas e moitos cizmas, moitos ataque dezde fóra e dezde de dentro, peroa a pedra fundamental non filosofal, está indemne.

-Queres dicir o pensamento monolítico de Roma.

- É máiz complicado que izo. Cando lle interesa a ortodoxia fai de gardiana da única fé verdadeira e dalle por perseguir aos heterodoxos mediante fogueiras e inquisidores e para as relixións rivais servese das influencias políticas, de poderes interpostos propios, coma O Cardeal Cisneros cos moriscos ou mediante argucias modernas dos últimos reises mediavais, coma os Reises Católicos cos xudeus. Hoxendia de gardiana da ortodoxia e Guadiana do que zucede no pais, a un tempo que se extende unha rede relacional entre os diztintos parroquianos. Pedro é o gran pixín de homes, Cristo xa fala das almas-peixes ao seu grupo de escolleitos, apóstolos apostado e poztulados para xerarquía eclezial.

-Non che pillo ben a idea. A xente corriente somos peixes na fervenza vital, somos ovellas encamiñadas ou descarriadas para o rabaño do bon pastor no campo da vida. Semella que mais que sacerdotes nestes tempos a Igrexa cumpre de veterinarios e biólogos.

- Non é azí. Zegundo a túa metafora, procuran a maneira de levarmos a todos ao redil: usa de distintoz mistagogoz, catequiztaz a gogó, todos dentro da ortodoxia : os xezuitas, os opusdeiztas, ata se vale da Mitra do teu amigo para metermos a todos na mesma rede, anque en disztinto lote.

- Os tempos cambian. A Igrexa perdeu o monopolio do poder, ten moita competencia hoxe sería impensable unha Inquisición, nin xiquera o Indice de libros prohibidos.

- Depende, non esta de moda en Occidente eliminar ao rebelde ou ao herexe, estanse a buscar outroz métodos mais zubtiles, de azimilación de recuperación de contraazimilación, de manipulación, de anomia, bloqueo cotidián ou ninguneo social.

-Puntualizas ben o de Europa, porque se miramos para América do Sul non é así nin por asomo. Ao que disinte ou cae dun helicóptero no medio do Mar da Plata ou desaparece no deserto de Atacama en Chile. Este século XX transformou para o poder político os métodos da Santa Inquisición para a eliminación da desidencia .

- Levas razón na túa puntilloza puntualización: pero aquí, estaraz comigo, é moito mais dificil a tortura, a dezaparición ou o xenocidio; a Segunda Guerra Mundial e o nazismo serveron como lección para que non se repitan eszas masacres por parte de ninguén. Queda feio, como mal visto.

- Atállote co napalm, Vietnam non ten culpa de non ser de Deus, perdón, de non ser cristiana.
-De acordo pero en España a Guerra Civil do 36 deixou a Igrexa eszcarmentada de vez, penzo que non se pode ser tan brutos, tan directos: non queren ser perzeguidos e sufrir e poda que non queran ser perzeguidores.

-Prefiren convencer polas boas que ferir para vencer, dirás.

-Ou algo azí, teñen sufuciente difuzión das zúas crenzas dentro do pensamento dominante, que cando a xente expresa unha mínima crítica a unha conducta ou a unha maneira de veztir ou pensar, e o pensamento da Igrexa que se expresa, a xente corrente o creente e a voz do zeu amo.

-Poda que o establecemento dun pensamento, martilleado sobre a chamada xente de orde, de ben, dealle mais réditos que a imposición de castigos, prohibicións e pecados. Pasar dos mandamentos de Moises a rogos e preguntas na asemblea eclesial.

-E a donde quería levarte :a repetición dominical do rito da miza fai do católico practicante un subdito submizo, unha perzoa remisa a cambiar as súas condiciónz de vida, un conformizta aínda mais se é confirmado.

- Penso que te pasas, eu non o vexo tan que así: a misa e parte dun costume social, mais que unha convicción e un costume voluntario.
-Penza. Parate a pensar no Painoso, que se repite varios milleiros de veces na vida dun criztiano, varias veces por rozario, en calquer liturxia , na mesma miza correzpondelle unha zituación central: fágase a túa vontade, aquí na terra como no ceo.Non che parece suficiente submisión a Deus, a enaxenación da propia vontade á vontade divina , o vaiven azaroso do clima, dos meteoros, tanto aquí como alá, tanto no firmamento como no pavimento.

- Se o miras así non ten dúbida, vida, pero a meirande parte da xente non é consciente do significado concreto; repite de memoria o que aprendeu a coro na infancia, na catequese.

-Zí, pero izo vaise clavando nas circunvolucións cerebraiz dun modo indeleble, día a día arando nos surcos do encéfalo, grabadas como un disco dos da música.

-Esaxeras. Quizáis tes unha visión máis crítica pola túa visión cosmopolita. Aquí non se lle buscan as tres patas o gato por iso.

-De todas formas teñoche rezervada unha soorpreza. Contactei con alguen doutra creenza antiga de Santiago. Vaz levar unha agradable alegría cando cho poda dicir.

-Pero que dis?Atopaches un templo celta?

-Non che izo exactamente, sen deixar de zer antigo, non deixa de ser actual.

-Xa sabía darías co novo Templo de Mitra.

-Que non, que outra cousa.

-Boeno logo.

Asimov:
http://isaacasimov.garcia-cuervo.com/index.htm

Pigmalión:

http://es.wikipedia.org/wiki/Pigmali%C3%B3n

Hare Krishna:

http://webcom.com/~ara/spanish/index.html

http://www.churchforum.org/Info/apologetica/otros/hare.htm

http://www.sectas.org/Articulos/krishna/

Testigos de Jehova:

http://www.watchtower.org/languages/espanol/index.html

http://www.churchforum.org/Info/apologetica/sectas/testigos_de_jehova.htm

http://www.irr.org/hechos-sobre-tj.html

Mormones:

http://www.mormon.org/welcome/0,6929,403-3,00.html
http://www.geocities.com/exmormon2001/Exmormones.htm

mixtion:
http://www.magicasruinas.com.ar/redjipis001.htm

" />

servido por basicorodriguez sin comentarios compártelo

sin comentarios · Escribe aquí tu comentario

Escribe tu comentario


Sobre mí

Fotos

basicorodriguez todavía no ha subido ninguna foto.

¡Anímale a hacerlo!

Buscar

suscríbete

Selecciona el agregador que utilices para suscribirte a este blog (también puedes obtener la URL de los feeds):

¿Qué es esto?

Crea tu blog gratis en La Coctelera