Quedaran aquel domingo pola mañá cedo , a eso das once, cerca, na Quintana para ir visitar uns amigos do novo culto ben sobraba o tempo. Sousil estaba a agardar baixo a parra xa folleada da Casa da Parra. Semellaba algo nervoso e inquieto, non todo debía ir o seu gosto.
-Ola , Telo.
-Bo día, que tal, Sousil?
- Hoxe quedaramos para levarte o Templo, pero xurdiron algunz problemaz a última hora.
-Eu só quedara contigo, se e cousa de máis xente ti non tes culpa. O que non pode ser non pode ser, polas miñas artes non hai problema.
-Non ze trata dizo; son coma críos, dezconfiadoz de máis. Agora a última hora veñen con monzergas de clandestinidade e secretiños. Non damos aprendido a moztra-la cara e , ze cumpre, poñe-lo peito . Esotéricozs ou histéricozs ? velaí o dilema, querido guazón.
- Penso que é relativamente normal que tomen as súas precaucións, se é un culto secreto, terán algunha experiencia de persecucións pasadas ou non? quen veñen sendo?.
- E un culto, público, non oculto, en moitizimozs paises. Terán que rachar dunha vez co medo,
-Sousil, ten presente que se son os masóns, por exemplo, e normal que sexan precavidos, mesmo para insinar o Templo a uns curiosos. A un extraño coma min.
-Non son os masónzs, non me tirez da lingua, e zegue o xogo: zon outros que teras que descubrir por ti mezmo.
-Non te amorriñes, non se trata de que mo dixeras antetempo, pero a total, se imos ir un día ou outro )que máis ten que mo digas ti hoxe a que o saiba eu pola miña conta mañá?
-Non andes con lerias, non é azí, senon imos hoxe poderemos ir outro día, e ata aí quero mante-lo zegredo. Empeñei a palabra para non adiantarte nada, e parte dun experimento .
........................
Foron pola parte vella xogando o pito cego, con David dos Casadavid de Ourense e os seus amigos, apareceran pola Quintana a media tarde con Sousil, era para darlle unha sorpresa a Telo, e ben como solución aos problemas intestinos e clandestinos que xurdiran co resto dos seus compañeiros de culto.
Foron de ruada pola rúas e ruelas, camiñaron varias veces polos mesmos sitios, os rumores da xente eran diferentes pero os cheiros de certas portas de establecementos comerciais eran imposibles de despistar e camuflar entre as voltas e reviravoltas. Pasado un tempo chegaron ó Templo, inconsciente ou conscientemente produciuse un silencio respectuoso nos acompañantes do vendado: era terreno vedado , os pasos fixeronse menos alegrese lixeiros, mais menudos, o cheiro nifoso e a humanidade calaba ata os ombreiros, o piso era irregular: pedras grandes, vellas e desgastadas, a portada debía ser grande porque dirixirono para non tropezar cara unha porteliña escusada que daba ó portal, as correntes de cheiros dos ocos de escaleiras notábanse lenemente ó pasar o seu carón. Suberon uns pasos, pasaron por salas e salas, baixaron escadas, volveron e volveron a pasar polos mesmos sitios, os olores non cambiaban a pesar dos intentos de extravío polas distintas dependencias, os ruídos eran mínimos e un silencio de casa abandonada acompañaba a andaina da comparsa, xa non había bromas nin argalladas, de cando en vez aparecían as tusicainas típicas do nerviosismo contido. A travesía cega parecía o paso por un caleixon urbanita de servidume , desos que pasando entre casas e portadas chegan a un grupo de vivendas rodeado de casas que dan a rúa.
Acadaron a meta e desvéndaronlle os ollos, Sousil agardaba alí a súa chegada, era un patín como o adro dunha pequena capela exenta escasamente, moreiñas de cantos rodados e pedras extendíanse rentes aos muros, algún que outro papeliño escrito xacía no chan preso por un pelouro, Telo fixo ademán de anicarse a coller uns dos billetiños pero os seus acompañantes metéronlle presa para adentrarse no santuario . Era una nave con bancos para homes e mulleres, un coro por riba da entrada, un libro sobre un atril con unha variña cunha man e o furabolos sinalando; non había santos nin imaxes polas paredes, carecía tamén de retablo .... unha arca o fondo sobre unha peana grande co lume do santísimo e un par de candelabros .
Telo parecia estar contemplando un templo protestante, ou unha eirexa das que coñecía pero vacía e pobre sen adornos austera, como se a relixión desta capela estivera exenta do paganismo dos santos e virxes milagreiras,era e non era coma as que tiña costume ver dende a súa infancia, non vía motivos para tanto secretismo, nunca foi das ideas de que un pensamento relixioso ou outro podían facer dano, Telo era tolerante aínda que non vía tolerancia no seu derredeor. Era algo que nunca lle fora posible aceptar detras das guerras e persecucións relixiosos sermpre desconfiara que existían intereses menos piadosos e máis de riquezas e poder por poder.
Os acompañantes non chamaron nin templo nin eirexa, chamaronlle escola, era onde se reunían para aprender o ensino, eran parte, según comentaron, do refugallo do xudaismo que resistira en Santiago dende o decreto de expulsión do Reises Católicos. Mantiñan a súa sinagoga agachada dende había casi cincocentos anos, e non estaban dispostos a saír a luz nin mostrar todolas cartas. Era unha comunidade galego-xudaica que se fixera ultra desconfiada, padecía ou bebía das fontes do recelo e malicia dos habitantes do noroeste ibérico. Durante o Franzismo o poder da Igrexa Católica era omnímodo, intolerante ata cos seus veciños de crenzas como os luteranos, cando máis ían ser con os sefardíes da diáspora interior. Desconfiaban moito dos xentiles, a palabra xudeu era totalmente peiorativa cando máis se se mostraban a cara.
Para a saída fixeron o mesmo simulacro de xogo, camiños oscuros de humidade e silencio para estar de novo en medio de humanidade e na claridade ruidosa das rúas, vannos conducindo dun lado a outro e de outro lado o mesmo, ata chegar o unto de encontro e desencontro de tanta xente, a Quintana.
Sousil rise por debaixo do nariz, fai un aceno de pillabán polo bigote dereito mirando cara Telo, que se cría de volta de todo, cría ter pasado tódalas experiencias posibles en su mergullamento polo underground e a superficie dunha cidade universitaria como Santiago.
Telo refrexionando en voz alta con Sousil dille:
- Penso que o templo está entre as dúas Algalias, é zona máis laberíntica de Compostela.
- A zituación da sinagoga é-me inverosimil, o que importa e a zituación de agachados seculares a sabendas ou non.
-Realmente todo o que dí o teu amigo David e certo, Santiago é unha aldea clerical.
-Non zei, pero zería interesante zaber a simbioze entre a comunidade xudea e a cristián durante eztos zéculos. Cos xudeus zempre a relación foi pendular ou pendulona, elez aportaron profesionaíz de tipo artezans, mensiñeiroz ou prestamiztas ou tendeiros a unhas comunidadez relixiozas alleas ós traballos manuaiz e cheas de rentaz pecunarias.
- Nunca mo parara a pesar por ese lado.
- Os xudeuz podían prestar diñeiro zen incurrir en infracción a lei de Deus, a un interés que non era pecado de usura, e por favores de todo tipo a propia igrexa podía poñer a rentuar os seus bens sen que lle acusar de desatender a caridade obrigada cos seus pobres.
-Por eso son envexados , por andar sempre co diñeiro. E porque realmente non son parásitos para a poboación. Aínda que nunca facían os traballos duros do campo.
-E porque caze todos zabían ler, e trataban de formarse en oficioz, a miña experiencia coz xudeuz non é de aqui en España; eu podo falar do que vin e vivin en London , dende mízticos a delincuentes mafiozos, son da mezma pazta que todos noz, nin un pelo demais de liztos nin un de menoz de badocos.
- Non che vou pedir que me contes o que non sabes, nin que o inventes. Teño curiosidade, teño interese por saber que forza os manten xuntos dende tantos séculos.
- Mal que che pesie non é zó a súa fe, no abztracto, a relixión bazeada na verba máis que na iconografía, e tamén o día a día e o ano a ano de zer perseguidoz o que mellor fai de pegamento e cohesión para calquer grupo de xente. Fixazte na nudez das paredez da Sinagoga? Unha mente sen distraementos, que non necesita de pinturas exemplares e estatúas, eztá sempre máis prezta para saír ca casa az coztas, se carretan cartoz e porque non podían carretar terraz , era mellor prepara a mente para o cálculo, para especulación filozófica que para a nostalxia.
-Por ese lado non me convences; todo eso que ves unha virtude de adaptación ó medio pode ser simple subproducto da endogamia, dunha herencia xenética que os predispon a ser así sempre que non se misturen con outros.
-Poda que sexa azí, non o discuto, ás vece az explicaciónsz sobran se os feitoz amosan o que amosan. O certo é que oz xudeuz como tais sempre se zentiron fóra de lugar, coma sempre lle fixeron crer os conquistadorez do lugar, e zempre puideron ante eso comportarse de douz xeitos, cando menos teño observado por min mezmo.
- Xa empezas a abstraer, senón fora que pola cor da túa faz que non engana, pensaría que estas a varrer para casa.
- Telo, eztás un pouco antizemita e racista, a miña cor non me exime nen me impide acoller ou practicar ningunha crenza. Vexo que eztás baztante confuso. Deixa que fale un pouco e que medianamente poidache explicar o pouco que zei.
-Perdoa, foi por animarte a falar .
-Oz xudeuz cando chegan a un sitio, porque parece que nunca eztán a un mesmo tempo que oz demaiz, veñen con toda a súa equipaxe e sen ningún intereze de dezfacerse del. Nunha diáspora de máiz de vinte séculoz eztan afeitos a desprazarse coma os caracoiz, chegan e pulzan az zúas forzas co resto da comunidade e mantéñense coma todo bicho vivinte dentro doz zeus hábitos e coztumes, az zúas crenzas, a zúa lingua, o seu templo-escola etc.
- Coma oz galegos cando van polo mundo adiante, emocionouse Telo, sempre acaban facendo un Centro Galego para manter vivo o amor a terriña, cos seus xantares, os seus cantares , festas e festins. Non lle compre a eirexa tanto coma os xudeus, pero sempre que poden se celebran as festividades da parroquia.
-Si e non. As situacións non son comparables. Se queres uns teñen a crenza da Terra Prometida, os outros teñen a constancia dunha Terra Extrañada. Os xudeus consideran ser o Pobo Escollido por Deus, obrigadoz a vagar polo mundo, afeitoz, a forza ata hai pouco, a zer expulsadoz dende antes da exiztencia do Imperio Romano. Os galegos uns deles emigran e outroz non dende hai pouco máiz dun zéculo e medio a Europa e A America, a existencia da díazpora xudea e da época dos fenicios cando menos, e partir do poder da Eirexa con Constantino agochadoz, oprimidoz e mal viztos.Se en algo poderíanse considerar a diápora xudea e coa situación do pobo xitano, outro pobo sen patria nin matria, nin xiquera dunha referencia de orixe xeográfica ou de nación que lles procure arraigo.
-Non hai comparanza por suposto, pero non dirás que o Pobo Galego non estivo oprimido e explotado, e que foi dos motivos principais da emigración.
-Sinto que non teña datos dos recientes pobos escollidos, oprimidoz e azoballados, pero penso que non eztamos a falar dezto. A situación da que falaz é falaz: común xeo e gráficamente a tódalaz zonas deprimidaz económicamente que o mundo ten tido: Galiza é un afonín de fin de terra, se recúaran as súas xentez irían cara á fame de Castela, non te esquezas, e para fuxir para adiante : ou afogarse ou saber nadar ata América, mar por medio. Pero a opresión nace dentro de Galiza non é foránea nin allea á propia nazón. Az situaciónz non zon comparables nin en caricatura.
-Ves como ó final ofendéstete, como te impricas no que expricas. Tomas partido por eles...
-Non tomo partido, trato de ser obxectivo, parace mentira que non subaz un decrao de entendemento por riba do anecdótico: Semella estar de moda a solidariedade correspondida entre os pobos oprimidos, como ze se pòidera menter no mezmo saco a todos. Da igual o pobo vazco que o irlandéz, o pobo vietnamita que a liberación de Mosambique. É como ze o feito de eztar contra de algo fora suficiente para coincidir no rezto dos fins perzeguidos.)Ti cres acazo co xudeu oprimido con poder non vai zer oprezor e vaize preocupar o máiz mínimo polo pobo irlandés colonizado ?. Ezto que pensa moita xente por certo, debe ser a maior e máiz abzurda utopía do zéculo vinte. Xa non eziste Roma coma poder único no mundo coñecido.
- Si, pero non dirás que non existen coincidencias
-Se az procuras, non chaz nego, pero é un comportamento biolóxico de rabaño. Prozigo, cun pobo perseguido é obrigado a vagar, ou forma un enquistamento, permanecendo incolumne e a defensiva para az zúas crenzas e costumes, ou ben opta por por unha estratexia de distenzión, de asimilación as normaz e costumez dominantez, de progreso e aceptación individual na sociedade anfitriona: non negarás a existencia de galegos trunfadores que forman e conforman a aristocracia criolla e que refugan da zúa orixe: a zúa vinculación ó Centro Galego é de xeito distinto do galeguiño que vai en busca de amparo e refuxio nos zeus.
- Pillásteme. Pero todo iso entra na dinámica de despersonalización e perda ou abandono da propia identidade. Non quita que na súa volta a Galiza non siga a exercer de patriota.
-Poda que zexa azí, pero o vínculo xeográfico, telúrico ou coma queiras chamalo non é o mezmo que o anhelo dunha Terra Prometida, distinta que a de nación e nacemento, expresada na forma dunha crenza relixiosa. Non se pode comparar, e para atallarte xa de vez, a miña nai decidiu asimilarse a cultura dominante. Eu son xudeu de orixe e relixiosamnete non practicante.
Telo obtía a resposta que buscara sen querer.
Escribe un comentario