Publicidad:
La Coctelera

basicorodriguez

11 Mayo 2008

o culto oculto en papel

Sacamos en A Gracia-Veniais Edicións, a novela de O culto oculto, foi presentada na Galería Sargadelos de Monforte xunta coa súa complementaria e compañeira A Transfusión, editada en papel hai cinco anos pero aínda en stand-by, cousas da vida, se teño tempo ireina colgando pouco a pouco no blog.

O meu amigo e compañeiro Xosé M. Gayoso presentou Os fíos do tiriteiro, houbo moita xente é un pracer coñecer a e departir con parte dos teus lectores, é como se a falor do libro falenche dun cativo ou cativo que vai só xa polas rúas, parleiro e paroleiro.

A mirilla Libros, cuadros y artesanía

http://www.lavozdegalicia.es/lemos/2008/05/11/0003_6808147.htm

Luis Díaz redac.monforte@lavoz.es

11/5/2008

La Galería Sargadelos de Monforte fue escenario del viernes de la presentación de los libros O culto oculto y A transfusión , de Básico Rodríguez, heterónimo , Os fíos do titiriteiro , de Xosé M. Gayoso . Los textos fueron publicados por la editorial que ellos mismos pusieron en marcha hace cinco años. Médico en Sober durante muchos años, donde aún reside los fines de semana, B. C. ejerce actualmente su profesión en Lugo. María Xosé Vidal , profesora del instituto de enseñanza secundaria A Pinguela, fue la encargada de presentar el acto.

CONTRAPORTADA (que sae no libro)
A Transfusión é unha novela sobre a chamada Transición política. Unha crónica burlesca e desmitificadora da época que vai do final do Franquismo (Franzismo, no relato) á chegada da democracia. É unha mirada sobre aqueles anos; hai outras diferentes; esta nace da esquerda apartidista. O relato, en clave irónico-retranqueira, enfíase coas peripecias de O Telo, O Seguril, O Iván ... amigos mergullados nunha anomia abaneada polos acontecementos daqueles anos.

O narrador acompáñaos polas rúas santiaguesas, polas tristes e fedentas pensións, polos pisos comunais, polas asembleas histriónicas ... e debuxa os perfís das mañas que tiveron que utilizar para sobrevivir e nadar a contracorrente, para defender, alomenos, unha mirada limpa de calquera tipo de lagañas.

“A dereita cre que é o poder quen concede liberdades segundo vexa madura-la poboación, a esquerda cre que as liberdades son froitos de conquistas sociais que se lle prean ás árbores do poder. A transfusión tivo dous protagonistas: o pobo español para uns, ou un personaxe, Adolfo Suárez, para outros. Estas dúas ópticas da Historia sitúan ós individuos en opcións e tendencias diverxentes”.

O título do libro, A Transfusión, arrinca desta outra reflexión: “Non houbo exercicios de pedagoxía democrática, nin por parte dos que detentaban a autoridade con autoritarismo, e non a querían soltar, nin dos que esperaban a chegada da transferencia do poder, ou da transfusión do poder, segundo viñese pola economía ou polo sangue”.

Ao longo da novela descríbese e descóbrese a galería de personaxes en loita por ocupar un lugar axeitado no taboleiro que entón empezaba a deseñarse, un taboleiro que aquí, neste curruncho de Iberia, segue presentando carácter anémico, pendente aínda, o pobre, dunha adecuada e completa transfusión. (Xosé M. Gayoso)

fiuncho ou fiollo


umbella do foeniculum vulgaris

servido por basicorodriguez sin comentarios compártelo

sin comentarios · Escribe aquí tu comentario

Escribe tu comentario


Sobre mí

Fotos

basicorodriguez todavía no ha subido ninguna foto.

¡Anímale a hacerlo!

Buscar

suscríbete

Selecciona el agregador que utilices para suscribirte a este blog (también puedes obtener la URL de los feeds):

¿Qué es esto?

Crea tu blog gratis en La Coctelera